As xestións da ANPA, o apoio do consello escolar, a promesa do alcalde, e a boa disposición da concelleira Olga Alonso, apunta a que pronto teremos un comedor no colexio acorde ao número de nenos e nenas que o necesitan. Podedes ler un anaco da entrevista a Olga Alonso (concelleira de educación) hoxe en FARO DE VIGO.
Archivo por meses: junio 2015
A comida da festa fin de curso
Faremos unha recollida de comida para a festa. Todos aqueles que queiran contribuír, poderán deixar a súa achega no noso local o mesmo día . Toda a comida debe vir elaborada (bocadillos feitos).
Desde o ANPA solicitamos a participación de todos os país/nais como voluntarios/as.
Grazas pola vosa colaboración
Comedor: Lista de admitidos 2015-2016
Infórmase as nais e pais que xa está no tablón de anuncios do centro a lista de nenos/as admitidos para o comedor durante o curso 2015-2016.
Roupa perdida
Festa fin de curso: 2014-2015 ! !
O vindeiro venres 19 de xuño, a partir das 16:30 h da tarde, terá lugar no patio do colexio unha SUPERFESTA DO MÁIS DIVERTIDO, na que haberá moitas sorpresas, todas elas para pasar un bo rato. Para poder acceder ao Centro será necesario presentar a invitación, as cales estarán a vosa disposición no local do ANPA a partires do luns 15.
Os nenos/as usuarios/as de comedor teñen que ser recollidos antes das 16:00 h. non poden quedarse dentro do centro ata o comezo da festa.
Prezos:
Socios: 1 entrada de balde por cada membro da unidade familiar (alumnos/as, pais e nais). Exemplo: 2 irmáns alumnos e seus pais = 4 entradas de balde. A maiores poderanse coller 2 entradas a 1 € cada unha.
Non socios: 5 € cada entrada.
Asemblea Urxente da ANPA
Convocámosvos urxentemente a unha asemblea de socios da ANPA para mañá mércores 10 de Xuño de 2015 ás 19:00 no salón de actos do colexio.
Orde do día:
Problemática no cambio de libros de todos os cursos para a adaptación á LOMCE e como afecta á convocatoria de axudas da Xunta para a adquisición de libros de 3º e 5º de primaria.
Un saúdo.
Fomentando o celtismo
Un ano máis, a peña celtista «siareiros.net» en colaboración coa ANPA do colexio, busca sempre fomentar o celtismo entre os nosos nenos e nenas, e organizou unha actividade que consistía en que os nenos de 1º e 2º de primaria, debían de cubrir uns cuestionarios con preguntas sobre a actualidade, historia e coñecementos do equipo do Celta. Entre todos os participantes sorteamos 2 camisetas oficiais do Celta e 3 bufandas da peña celtista. Tedes unha foto dos gañadores/as.
Información para usuarios/as do Comedor
Información usuarios/as de comedor
Estimados pais/nais de alumnos/as usuario/as do comedor,
Debido a nova Lei 28/2014, do 27 de novembro sobre o IVE, o monitoraxe do comedor a partires de xaneiro de 2015 está exento deste imposto.
Nos meses de xaneiro e febreiro, as facturas do servizo de comedor seguiron emitíndose co IVE total do 10%, polo que informamos que o importe cobrado de máis, regularizarase no recibo de comedor do mes de maio.
Charla da asociación «Amaina»
Faite membro da ANPA para o curso 2015-2016
Gustaríanos que todas as familias do cole formasen parte da ANPA (Asociación de Nais e Pais dos Alumnos/as do cole). Grazas á ANPA no noso cole hai comedor, actividades extraescolares, un campamento o mes de xullo, festa de carnaval, festa de fin de curso, etc, etc. A ANPA funciona principalmente grazas ao traballo desinteresado dun grupo de pais e nais do cole que o fan posible.
Para ser membro, hai que anotarse cada curso, non tendes/tedes máis que cubrir este formulario e a cota é de 30 euros por unidade familiar e curso escolar.