Obra de teatro: Elisa e Marcela con Taller de Conciliación

Dende a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo achegamos esta información:

A compañía de teatro A Panadaría na que informan de que, o vindeiro 29 de xuño (xoves), coincidindo co mes da celebración dos actos do Orgullo, representarán no Auditorio Municipal do Concello de Vigo, a súa peza multipremiada Elisa e Marcela dentro da súa xira de despedida.

Venda de entradas e máis información en: https://entradas.ticketrona.com/es/events/elisa-e-marcela-xira-despedida-vigo

A función vai acompañada dun taller de conciliación familiar de balde dirixido a nenas e nenos de entre 6 e 12 anos, para quen o necesite.

Mentres ti gozas da función, as peques van gozar, en compañía de persoal especializado, dunha sesión de xogos teatrais creada para a ocasión. Con esta actividade querémosvos facilitar, ás persoas adultas, tempo e espazo para vir ao teatro e, ás pequechas, unha actividade onde imaxinar todas as posibilidades que ofrece o teatro.

Actividades do Programa de actos en marzo/ Vigo con motivo do 8M, Día Internacional das Mulleres.

Bo día,

Lembrámosvos as actividades que terán lugar durante a semana do 13 ao 18 de marzo, no marco do programa de actos que o Consello Municipal da Muller, e o Servizo de Igualdade do Concello de Vigo, organiza en marzo con motivo da conmemoración do «8 de marzo», Día Internacional das Mulleres.

. Martes, 14 de marzo ás 20:00 h.  Proxección do filme «La boda de Rosa» de Icíar Bollaín. 2020. 100 minutos.Lugar: Auditorio Municipal. Praza do Rei, s/n.Entrada libre ata completar a capacidade do local.

. Mércores, 15 de marzo ás 20:00 h.  Proxección do filme «Retrato de una mujer en llamas» de Céline Sciamma. 2019. 120 minutos.Lugar: Auditorio Municipal. Praza do Rei, s/n.Entrada libre ata completar a capacidade do local.


. Xoves, 16 de marzo ás 20:00 h.  Representación da obra de teatro «As que limpan».Escrita, dirixida e interpretada por Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman.
Unha creación de A Panadaría coproducida co Centro Dramático Nacional.Público adulto.Lugar: Auditorio Municipal. Praza do Rei, s/n.Entrada libre ata completar a capacidade do local.


. Sábado, 18 de marzo, ás 20:00 h. Actuación musical do grupo «Habelas Hainas»Lugar: Salón de actos do MARCO. Rúa do Príncipe, 54.Entrada libre ata completar a capacidade do local.

Para máis información consultade os programas adxuntos na paxina web www.igualdadevigo.org e facebook «Igualdade Vigo»

Coñecer o corpo para querelo, coidalo e respectalo

Estes dous libros parécennos super útiles e moi necesarios para que as nosas nenas e nenos coñezan o seu corpo e os cambios que experimenta. Non son curtos pero permiten moitas lecturas e a diferentes idades. Permiten ler e profundizar segundo o que lles interese …

Charla- xogo Ciencia en femenino

Onte tivemos unha actividade moi guai coa Asociación de mulleres en igualdade de Vigo e falamos de ciencia e de feminismo. Grazas a todas a familias que participastes.

Esperamos volver a vervos e seguir facendo cousiñas xuntas.

E se tedes ideas, suxerencias …avisade!
Recordade que temos máis recursos na web

Coñeces as películas de Studio Ghibli e Miyazaki?

A pesar que de que se trata de películas que teñen xa os seus anos, son películas que nos presentan personaxes femininos valentes e independentes, ao tempo que defenden a ecoloxía, o pacifismo e o valor da amizade. Películas cheas de ternura, onde a natureza está sempre moi presente e sobre todo visualmente moi atractivas.

Películas como «Mi vecino Totoro» , «Nicky aprendiz de bruja», «Nausicaä» ou «El viaje de Chihiro».

Outras onde o peso dos personaxes femininos non é tan potente pero igulamente recomedables son «Ponyo en el acantilado» ou «Arrietty y el mundo de lo diminutos».

https://www.rtve.es/noticias/20190217/mujeres-ghibli-miyazaki-se-adelantaron-metoo/1883522.shtml

Actividades do Programa de actos en marzo/ Vigo con motivo do 8M, Día Internacional das Mulleres.

Semana do 7 ao 18 de marzo.

Lembrámosvos as actividades que terán lugar durante a semana do 6 ao 12 de marzo no marco do programa de actos que o Consello Municipal da Muller, e o Servizo de Igualdade do Concello de Vigo, organizamos en marzo con motivo da conmemoración do «8 de marzo», Día Internacional das Mulleres.

Martes,  7 de marzo ás 17:30 h. Contacontos para nenas e nenos de 4 a 12 anos a cargo de Beatriz Campos.Lugar:  Praza 8 de marzo (Avda das Camelias)

Mércores, 8 de marzo ás 10:00 h. Pleno específico do Consello Municipal da MullerLugar: sala de plenos do Concello.Entrada libre con identificación ata completar a capacidade do local
Xoves, 9 de marzo ás 19:00 h. Recital aberto de poesía de xénero conducido por Iolanda Zúñiga.Desexamos que esta actividade sexa un acto coral polo que nos gustaría que vos sumarades coa achega dun poema da vosa escolla sobre a temática de «muller», «Igualdade», para compartila con todas as persoas alí presentes.Lugar: Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa)Entrada libre ata completar a capacidade do local

Venres , 10 de marzo ás 22:00 h. Acto de entrega do XI Premio de Igualdade «Ernestina Otero» que nesta edición 2023 distingue a dona Paz Filgueira Paz.A entrega do premio realizarase no transcurso dunha cea no hotel Coia. Prezo do menú:35€. Inscrición ata o 7 de marzo. (Máis información no documento adxunto).

Sábado, 11 de marzo ás 11:00 h. Visita guiada polo percorrido do roteiro «Sons de Mulleres» a cargo de María Casar.Punto de Encontro: Paseo de Afonso. Sen necesidade de inscrición previa.Duración estimada: 90 minutos.

Para máis información consultade os programas adxuntos e a nosa paxina web www.igualdadevigo.org e facebook «Igualdade Vigo»

Libro recomendado

Este libro parécenos todo un acerto para traballar cos nosos fillos e fillas algo tan importante como o consentimento e o respecto polo noso corpo e o dos demáis. Aborda de xeito moi sinxelo e nada dramático, a través de viñetas, a importancia do consentimento e o acordo cando nos relacionamos con outras persoas.

Guías de contos para educar en Igualdade

A literatura é unha gran ferramenta e ten un valor importantísimo na construción da personalidade das nenas e nenos, xa que serve para crear referentes, fomentar actitudes, promover valores e un longo etcétera. Por este motivo presentamos un par de Guías de contos que pensamos axudan a fomentar nas nenas e nenos valores de respeto e de igualdade.

Charla- xogo Ciencia en femenino

A ANPA A Barxa, sempre comprometida coa igualdade, quere nesta ocasión visibilizar o papel das mulleres na ciencia e potenciar nas nenas este camiño. Para isto, en colaboración con Mulleres en Igualdade de Vigo, invitamos a todas as familias a participar cos seus fillos e fillas de primaria nunha charla-xogo para falar e aprender sobre ciencia en feminino.

A idea é crear un espazo onde maiores e pequenos/as disfrutemos aprendendo xuntos.


A actividade terá lugar no cole o día 9 de marzo de 17.00 a 18.00h.

Para anotarvos mandade un WhatsApp 660175215 ou un correo electrónico cos vosos datos a anpa.garcia.barbon@gmail.com