HORTO
No curso escolar 2015/2016 esta ANPA puxo en marcha un horto ecolóxico nun pequeno espazo dentro das instalacións do centro.
A posta en marcha deste proxecto, permite traballar co alumnado dunha maneira máis ampla na educación ambiental, intentando espertar neles certa curiosidade e sensibilidade co mundo vinculado coa terra e os ciclos vitais. Permíteslle coñecer de primeira man o funcionamento dos sistemas naturais, a incidencia da agricultura nas persoas (alimentación e saúde) e a importancia da conservación do medio ambiente (reciclaxe e ecoloxia).
Tendo en conta que o colexio atópase ademáis nun entorno urbano, entendemos que este tipo de iniciativas teñen moita relevancia dentro da nosa comunidade educativa.