
Gran traballo por parte da comunidade educativa do noso cole. Aproveitade e dunha ollada revisade o que estiveron argallando para a semana do medo!
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgarciabarbon/node/377
Gran traballo por parte da comunidade educativa do noso cole. Aproveitade e dunha ollada revisade o que estiveron argallando para a semana do medo!
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgarciabarbon/node/377
A Xunta de Galicia acaba de tomar a decisión de suspender as clases en todos os centros educativos galegos e a todos dos niveis a partir do luns, como medida preventiva ante a doenza causada polo coronavirus SARS-CoV-2. O presidente Alberto Núñez Feijoo acaba de anunciar as medidas. Algunhas delas son as seguintes:
Seguindo o criterio dos expertos, máis medidas para conter o coronavirus:
✔Peche de centros sociocomunitarios
✔Suspensión da actividade lectiva e extraescolar durante 14 días
✔Limitar a 50 persoas o aforo en espazos pechados
✔Protocolo de actuación no emprego público— Xunta de Galicia (@Xunta) March 12, 2020
Texto de Gciencia.com
A ANPA «A Barxa» do CEIP García Barbón desenvolverá en colaboración
co Centro Educativo CEIP García Barbón o PROGRAMA COEDUCANDO
NA BARXA, financiado a través das Axudas dirixidas ás asociacións de
nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa
finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da
violencia de xénero – 2019.
LEMBRADE: AS ACTIVIDADES
EXTRAESCOLARES A DESENVOLVER NO RECINTO
ESCOLAR QUEDAN SUSPENDIDAS ATA XANEIRO 2020.
Normas e recomendacións para a visita o Parque natural das Illas Atlánticas.
O próximo día 4 de decembro de 2018 as 18:30, terá lugar, na sala multiusos do colexio, unha sesión informativa sobre o comedor para o presente curso 2018-2019.
O obxetivo da reunión é dar a coñecer a situación actual do servizo e a súa planificación educativa, así como recoller suxestións e dar resposta a tódalas dúbidas que poidan xurdir entre as familias usuarias.
Agardamos contar ca vosa presenza e participación.
Informar tamén que haberá un servizo de gardería.
CAMBIO DO NÚMERO DE TELÉFONO DO CENTRO
Estimadas familias:
Comunicámosvos que a Consellería de Educación procedeu a efectuar cambios no servizo de telefonía deste centro educativo.
A partir do día de mañá, deberán utilizar o teléfono 886 111 087, quedando anulado o anterior.
Outros números de contacto:
Un saúdo
O equipo directivo do CEIP «García Barbón»
Vigo, a 4 de abril de 2016
Convocámosvos urxentemente a unha asemblea de socios da ANPA para mañá mércores 10 de Xuño de 2015 ás 19:00 no salón de actos do colexio.
Orde do día:
Problemática no cambio de libros de todos os cursos para a adaptación á LOMCE e como afecta á convocatoria de axudas da Xunta para a adquisición de libros de 3º e 5º de primaria.
Un saúdo.