Adxuntamos os diferentes menús para abril:
Obra de teatro: Elisa e Marcela con Taller de Conciliación

Dende a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo achegamos esta información:
A compañía de teatro A Panadaría na que informan de que, o vindeiro 29 de xuño (xoves), coincidindo co mes da celebración dos actos do Orgullo, representarán no Auditorio Municipal do Concello de Vigo, a súa peza multipremiada Elisa e Marcela dentro da súa xira de despedida.
Venda de entradas e máis información en: https://entradas.ticketrona.com/es/events/elisa-e-marcela-xira-despedida-vigo
A función vai acompañada dun taller de conciliación familiar de balde dirixido a nenas e nenos de entre 6 e 12 anos, para quen o necesite.
Mentres ti gozas da función, as peques van gozar, en compañía de persoal especializado, dunha sesión de xogos teatrais creada para a ocasión. Con esta actividade querémosvos facilitar, ás persoas adultas, tempo e espazo para vir ao teatro e, ás pequechas, unha actividade onde imaxinar todas as posibilidades que ofrece o teatro.
Club Nutrifriends

Dende o comedor do noso Colexio levamos a cabo acciones destinadas á mellora da alimentación e saúde dos escolares.
Nutrifriends polo Planeta é un proxecto integral que aúna gastronomía, nutrición e educación co fin de mellorar a alimentación e saúde das nosas crianzas á vez que achegamos o noso granito de area coidado o planeta, contribuíndo á diminución da pegada de carbono.
XORNADAS GASTRONÓMICAS E CHEAS DE PROTE VEXETAL!
Periodicamente, celebrarase unha xornada gastronómica con baixa pegada de carbono e hídrica e fomentando maior protagonismo ás proteínas vexetais. Ensinaremos aos pequenos e pequenas, a través de diferentes actividades, a importancia de coidar e respectar o planeta.
A primeria foi o 26 de novembro é foi todo un éxito os tacos de verduras superfood
Deixámosvos por aquí a receita dos tacos por se queredes facela en casa
CÓIDOME EU PARA COIDARTE MELLOR

Cando: VENRES 21 DE ABRIL DE 2023
Hora: de 16:30 a 19:30 H.
Onde: APAMP NAVIA
(Rúa da Pedra Seixa 33, Vigo)
Coidarse a unha mesma é algo fundamental para o benestar das persoas. Con este obradoiro queremos facilitar un espazo de desconexión da rutina e mellorar o autocoidado ademais de compartir ferramentas e experiencias que axuden a mellorar o benestar emocional e físico das nais e pais que coidan para co-crear espazos de aprendizaxe vivencial.
A actividade será impartida por Patri Do Camiño e Isabel Moreno Machado de Coaching Vivencial.
Prazas limitadas.
Inscricións: foanpas@foanpas.com ou no 986 29 88 12
Ropa e obxetos perdidos


Boas tardes,
informámosvos que podedes pasar a recoller a roupa que hai no local do ANPA toda esta semana e ata o 30.
De 9.00-9.30 e de 12.30 a 18.30 h.
O vindeiro xoves 30 de Marzo toda a roupa que aínda se atope no ANPA doarase.
Un saúdo
ACTIVIDADES DE CONCILIACIÓN FAMILIAR SEMANA SANTA

O Concello de Vigo, a través do seu programa de Actividades de conciliación familiar en Semana Santa, pon en marcha as actividades infantís e xuvenís de Semana Santa, co obxecto de ofertar un tempo de lecer educativo dentro da propia cidade. Ademais, preténdese a participación xuvenil, así como facilitar a conciliación da vida familiar, persoal e laboral das mulleres e dos homes.
A temática das actividades serán xogos cooperativos, xogos deportivos, obradoiros creativos, teatro infantil, interpretación medioambiental, expresión corporal, danza e baile.
Horario: 7:45 a 15:15 h. de luns a venres. Aula matinal de 8:00 a 9:00h. Servizo friameira (levar comida da casa) de 14:00 a 15:00h.
Ano nacemento: para nenos e nenas nados/as entre os anos 2011 e 2019.
Prezo: GRATUÍTO.
Datas: os días 3, 4 ,5 e 10 de abril de 2023.
Lugares de celebración:
- CEIP DOUTOR FLEMING.
- CEIP RAMÓN Y CAJAL.
- COIA – Espazo de Lecer do Pavillón de Coia.
- TRAVESAS – Pavillón Central das Travesas.
- XUVENTUDE – Espazo de Lecer da Casa da Xuventude.
Inscricións: dende o mércores 15 de marzo ás 10:00h e ata cubrir prazas.
Campamentos Semana Santa
Boas tardes,
deixámosvos algunha propostas de campamentos para Semana Santa
Campamento no CEIP Eduardo Pondal

Campamento no CEIP Lope de Vega

Enquisa para a valoración do servizo de comedor

Como xa sabedes, o noso é un dos comedores da rede de Foanpas. Dende alí nos fan chegar esta enquisa sobre o servicio do comedor para que a cumplimentedes, só vos levará uns minutos. Está dispoñible ata o 31 de marzo.
Grazas.
Escola de nais e pais
Trasladamosvos unha proposta do cole, dirixida neste caso as familias con alumnado na etapa de infantil, unha Escola de Nais e Pais, un espazo de encontro para reflexionar sobre a tarefa educativa.
Se necesitades servizo gardería podedes solicitalo na seguinte ligazón:
Actividades do Programa de actos en marzo/ Vigo con motivo do 8M, Día Internacional das Mulleres.

Bo día,
Lembrámosvos as actividades que terán lugar durante a semana do 13 ao 18 de marzo, no marco do programa de actos que o Consello Municipal da Muller, e o Servizo de Igualdade do Concello de Vigo, organiza en marzo con motivo da conmemoración do «8 de marzo», Día Internacional das Mulleres.
. Martes, 14 de marzo ás 20:00 h. Proxección do filme «La boda de Rosa» de Icíar Bollaín. 2020. 100 minutos.Lugar: Auditorio Municipal. Praza do Rei, s/n.Entrada libre ata completar a capacidade do local.
. Mércores, 15 de marzo ás 20:00 h. Proxección do filme «Retrato de una mujer en llamas» de Céline Sciamma. 2019. 120 minutos.Lugar: Auditorio Municipal. Praza do Rei, s/n.Entrada libre ata completar a capacidade do local.
. Xoves, 16 de marzo ás 20:00 h. Representación da obra de teatro «As que limpan».Escrita, dirixida e interpretada por Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman.
Unha creación de A Panadaría coproducida co Centro Dramático Nacional.Público adulto.Lugar: Auditorio Municipal. Praza do Rei, s/n.Entrada libre ata completar a capacidade do local.
. Sábado, 18 de marzo, ás 20:00 h. Actuación musical do grupo «Habelas Hainas»Lugar: Salón de actos do MARCO. Rúa do Príncipe, 54.Entrada libre ata completar a capacidade do local.
Para máis información consultade os programas adxuntos na paxina web www.igualdadevigo.org e facebook «Igualdade Vigo»