Dende FOANPAS ofrecen unha actividade alternativa a reválida para os nenos que non vaian ó colexio nos días 28 e 29 de Maio:
Archivo de la categoría: FOANPAS
ANPA a Barxa en defensa do ensino público
I Xornada Redes Sociais
Charla sobre «as reválidas» da LOMCE
FOANPAS ofrece unha charla coloquio dirixida á comunidade educativa dos centros de ensino público de Educación Infantil, Educación Primaria e Secundaria de Vigo. “As reválidas da LOMCE: Qué nos espera?”. Estará impartida por membros dos sindicatos de ensino da cidade (UGT, CCOO, CIG e STEG). Nela explicarase en que consiste a reválida, facendo fincapé na reválida de 3º curso de educación primaria por ter lugar neste mes, e cales son as razóns que xustifican o seu rexeitamento.
A charla terá lugar o Mércores 13 de Maio ás 17:30 horas. Será no Salón de Actos do Instituto Municipal de Educación (IME), sito en Camiño do Chouzo nº 2. A inscrición pode facerse no 986 29 88 12 ou enviando un correo electrónico a foanpas@foanpas.com (con nome e apelidos, teléfono, e-mail e centro educativo ao que pertence). Ata o 6 de maio.
De especial interés para aos/ás que teñen fillos/as no 3º curso de primaria (xa que son os que teñen que facer os exames da reválida a finais de maio)
Agardamos sexa do voso interese.
Os becados para o comedor
FOANPAS infórmanos nesta nota que os becados para o comedor terán que abonar o coste do comedor mentras non se resolva este tema.
Cociña divertida
FOANPAS organiza un curso de «Cociña divertida» para o próximo 4 de Xuño de 17:00 a 19:00. As prazas son limitadas a 40 alumnos/as e podes anotarte como data límite o 31 de Maio (os nenos de infantil deberán ir acompañados por un adulto). As recetas serán: +Nocilla; +Tarta da avoa; +Brocheta de froita variada; +Piruleta de froita e chocolate.
Mesa redonda: LOMCE
FOANPAS infórmanos que a «Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público» organiza un coloquio-mesa redonda sobre a LOMCE, este luns 4 de febreiro ás 18.30 h. na Casa da Cultura Galega, praza da Princesa, Vigo.
Intervirán: Bieito Álvarez Lobariñas (Profesor e Delegado da Cig-Ensino); Carme Adán (Deputada do BNG); Daniel Candal (Asociación Estudantil Comités); Bertila Fernández (Portavoz de FOANPAS).
Convocatoria de FOANPAS
FOANPAS convoca aos pais e nais de alumnos para protestar contra o anteproxecto da nova «lei orgánica para a mellóra da calidade educativa» (LOMCE) que podes consultar integramente aquí e buscar máis información e opinións en internet: lavozdegalicia, farodevigo, escuela20, educadores21, elmundo, elpais….