
Pulsando na ligazón podedes descargar o horario do Horto escolar.
Pulsando na ligazón correspondente podedes descargar os diferentes menús que temos no comedor.
Este ano, as circunstancias obrigan a modificar a xornada de portas abertas e realizala dunha forma que se axusten a situación que estamos a vivir.
Liña pedagóxica do centro. Nesta presentación tendes toda a información relativa a liña de actuación no ámbito educativo, social, emocional,… que favorezan o desenrolo integral do noso alumnado
Visita virtual do centro, na que podedes ver as diferentes instalacions e actividades que se levan a cabo nas memas
Para máis información: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgarciabarbon/node/406
Para resolver dúbidas:
SECRETARÍA TELÉFONO: 886111087 (Luns-venres: 9:00 a 14 h) CORREO ELECTRÓNICO ceip.garcia.barbon@edu.xunta.gal | ||||
EQUIPO DIRECTIVO | ||||
TELÈFONO: 886111088 | ||||
LUNS | MARTES | MÉRCORES | XOVES | VENRES |
12:00-13:00 | 12:00-14:00 | 12:00-14:00 | 12:00-14:00 | 13:00-14:00 |
Co galo do Dia da Muller e a Nena na Ciencia queremos enviarvos un pequeno documento para axudar a difundir actividades e información de mulleres que pouco a pouco vanse abrindo paso neste mundo de oportunidades desiguais que é o científico.
A necesidade de referentes para os nosos fillos e fillas é imprescidíbel para que entendan e vexan, dende idades temperás, que todas as persoas temos as mesmas capacidades e deberiamos ter as mesmas oportunidades.
Queridas nenas e nenos e queridas familias do García Barbón, este ano para celebrar o Entroido a ANPA convídavos a participar nun concurso fotográfico de disfraces! Lede atentamente as Bases do Concurso e animádevos a participar. O prazo é do 12 ao 17 de Febreiro.
Bases do concurso:
Pulsando na ligazón correspondente podedes descargar os diferentes menús que temos no comedor.
Nun ano atípico pola pandemia do coronavirus, o Concello non quixo deixar aos máis pequenos da casa sen os tradicionais contacontos do programa municipal da Concellería de Normalización Lingüística «Non Nadal… un conto».
Podedes ver os 18 contos premendo no seguinte enlace: Vídeos de «No Nadal… un conto»
Gustaríache sacar todo o teu potencial creativo na escrita? Queres tentar as túas
habilidades na lírica e na prosa en galego? Si a resposta é afirmativa, este é o teu
obradoiro.
Na neuroloxía sábese que o coñecemento dun idioma fortalece a capacidade
cognitiva e enriquecémonos como persoas co seu dominio. Un dos xeitos máis
fermosos de medrar e practicar o emprego da creatividade. Embarcar nesta aventura
é unha viaxe de compromiso en equipo. Abordo, agardan a inspiración e asemade o
maior tesouro: atopar os teus textos.
Este obradoiro é unha aproximación a distintos eidos literarios en galego. Usar a
lingua como unha experiencia vital sen restricións de medos ou prexuízos.
Achégate a este obradoiro para practicar o uso do galego dunha forma amena,
para que atopes o teu estilo.
Días e horario: (os xoves) 4, 11, 18, 25 de febreiro, 4, 11, 18, 25 de marzo e 8, 15, 22
de abril de 2021; de 17:00 a 21:00
Lugar: En liña (É necesaria a puntualidade na incorporación e na desconexión da
clase en liña. No caso de incumprimento, non recibirán diploma de asistencia)
Inscrición: De balde, realízase na páxina web da Concellaría de NormalizaciónLingüística cubrindo o formulario.
(Deben encher todos os datos e poñer no título da actividade: escrita creativa)
Requisitos técnicos:Dispoñer dun ordenador/tablet con micrófono e altofalantes,
cámara e unha boa conexión a internet.
Para unha información máis detallada sobre o programa do curso e a protección de
datos, consultar a web.
Para máis información: https://snl.vigo.org/post/cursos-en-lina-de-iniciacion-a-lingua-galega-nivel-cero-e-nivel-1-(febreiro-marzo-2021)
Será o próximo luns 25 de XANEIRO de 17:30 a 19:30.
Correrá a cargo de Xoana Pintos Castro: educadora social, experta en intelixencia emocional e mediadora familiar con ampla experiencia na xestión do conflito e formadora de habilidades sociais.
Nela expoñeranos como acompañar ás nosas crianzas cando amosan comportamentos intensos, desafiantes e/ou explosivos sen perder a calma no entorno familiar.
Trátase dunha charla na que se aportarán ferramentas para afrontar situacións tensas e realizaremos varios exercicios prácticos polo que é convinte ter material para escribir, xa sexa lapis e papel como algún procesador de textos.
Como xa comentamos a principal novidade deste curso é que o relatorio se realizará de xeito virtual, a través da ferramenta web para conferencias en liña que pon a disposición dos Centros Educativos a Consellería de Educación, CISCO WEBEX.
.Así que se estades interesados non tendes máis que mandar un correo solicitando as claves de acceso.
Inscripcións: enapas.ceip.valle.inclan@gmail.com