Dende a ANPA A Barxa organizamos, coa colaboración do centro de visitantes do Monte Aloia, unha saída para descubrir este fermoso espazo natural que temos tan preto.

A actividade inclúe unha pequena ruta guiada e unha visita ao centro de interpretación, onde coñeceremos máis sobre a riqueza natural e cultural do parque.

Datas dispoñibles: sábado 24 e domingo 25 de maio
Hora de encontro: ás 12:00 h directamente no parque
Prazas limitadas: máximo 25 persoas por día (incluíndo menores), para garantir o respecto ao medio natural.

Actividade totalmente gratuíta e exclusiva para familias socias da ANPA

Como anotarse:
Enviando un correo ou WhatsApp á ANPA indicando o número de persoas e o día que preferides asistir.

Unha excelente oportunidade para desfrutar da natureza, aprender e facer comunidade!