O equipo do noso comedor está conformado por case vinte monitores/as e unha responsable. Atenden diariamente a máis de 240 usuarios en dúas quendas, dende 4º de Infantil ata 2º de Primaria e de 3º de Primaria ata 6º. Non só serven, senón que xogan e dinamizan no tempo de lecer, e como non, fan os mellores adornos e manualidades en datas sinaladas.
Dende a ANPA xestionamos coa empresa de catering e con Foanpas todos os meses os menús, tanto os basais coma os especiais, adaptados a nenos e nenas con intolerancias, alerxias, etc.
Convidámosvos a comer cos nenos e nenas un día, é toda una experiencia.
Documentos de interese