Dende a ANPA queremos informarvos de que nos próximos meses se produciran cambios progresivos nos menús dos comedores escolares, derivados do novo Decreto de Comedores, que entrará en vigor en abril de 2026, comezando a súa implantación de maneira gradual a partir de xaneiro.

No vídeo que achegamos explícanse con máis detalle estes cambios, que afectan a todos os comedores da rede FOANPAS.

A Comisión de Comedores de FOANPAS, xunto cos catering adxudicatarios, xa está a traballar nesta adaptación. Cómpre destacar que os menús actuais xa cumpren moitos dos requisitos establecidos no Real Decreto, polo que os cambios se irán incorporando de maneira progresiva.

Estes axustes buscan mellorar a calidade nutricional dos menús, aínda que é posible que algúns pratos resulten menos atractivos para o alumnado nun primeiro momento, polo que consideramos importante que as familias esteades informadas con antelación.

Pregámosvos que visualicedes o vídeo adxunto para coñecer de primeira man o contexto e os motivos destes cambios.