Información Campamento

Boas tardes,
pedímosvos desculpas porque a inscrición na web do ANPA non saíu ás 9.00h por un problema na propia web.
Polo momento hai prazas libres na semanas:
do 22 ao 23 de xuño
do 24 ao 28 de xullo.
Nas demais hai lista de espera.
Lembrámosvos que o formulario enviado hoxe é unha* preinscrición*, mentres non se pague non está confirmada a praza.
O luns 15 de maio dende a empresa mandarán a cada familia que teña praza un documento no que explicarán como e cando hai que facer o pago do campamento. A familia que non abone o campamento no tempo que marca a empresa daráselle automaticamente de baixa perdendo a praza, e avisarán o seguinte da lista de agarda.

Inscripción campamento 2022-2023

Normas de inscrición:

as inscricións serán de maneira en liña, a través da seguinte ligazón:

https://forms.gle/qZUPSTJzJBZJxdeU6

Unha vez recibido o formulario de inscrición, enviáse  a cada familia por parte de Norgof, un documento coas recomendacións e formas de pago.

O pago do campamento ten que realizarse nos días indicados e na forma de pago indicada, enviando xustificante de pago á empresa, sen este documento entregado non se poderá acceder ao campamento.

A non asistencia ao campamento non supón a devolución do pago realizado, só se devolverá o 70% do período non gozado con causa xustificada de forza maior.

Máis información:

635650092 ou norgof@norgof.es

Campamento de Verán 2023

Boas tardes,
estade moi atentos/as mañá porque ás 9 da mañá tanto na aplicación como na web abrirase o prazo para inscribirse no campamento.
A inscrición farase como o ano pasado, mediante inscrición en liña.

Campamento verán 2023

Bos días,

este ano volvemos ter campamento no colexio.

A empresa que o levará a cabo é Norgof, a misma empresa do ano pasado.

Datas: do 22 de xuño ao 28 de xullo

Horario de 9.00-14.00 h

Contamos tamén con servizo matinal e fiambrera de 7.45-15.30h

A inscricións abrirase o xoves 11  de maio a partir das 9.00h .

Número mínimo de asistentes 15

Desconto do 10% segund@ e seguintes fill@s

Prezos:

PERIODOMatinal e fiambreiraCampamentoTotal
2 días (22 e 23 de xuño)6€ cada servicio30€42€
1 semana8€ cada servicio54€70€
2 semanas15€ cada servicio95€125€
3 semanas20€ cada servicio135€175€
4 semanas30€ cada servicio165€225€
5 semanas40€ cada servicio195€275€