O nome desta ANPA ten a súa orixe no nome que recibía a zona na que está  o colexio hai moitos anos. Unha “barxa” é un terreo húmido próximo a un curso de auga e a zona na que se asenta hoxe o noso cole recibía este nome porque estaba atravesada por un rego. Esta asociación de nais e pais trata asi de recuperar ese topónimo tradional e contribuir á memoria colectiva.

Esta ANPA ten como finalidade velar polos intereses dos nenos e nenas, polo seu benestar e tamén polo das familias que a forman. Con esta intención organizamos e xestionamos a Aula Matinal, o comedor e as actividades extraescolares asi como outras actividades que representan tamén o que somos e o que queremos facer,  vinculadas con noso horto e co proxecto Coeducando na barxa, que pretende levar a igualdade e a coeducación a toda a comunidade educativa.

Como somos unha asociación sen moitos recursos temos unha web que ás veces pode non ser doada pero estas son as instrucións de uso:

Na parte superior tedes as diferentes categorías e se pinchas nelas atoparás un texto fixo e algunha documentación que pode serche de utilidade.

Para ver as cousas que se van subindo relativas a cada unha das categorías tes que ir á dereita, seleccionar ai a categoría que che interesa e pinchar.

SOLICITUDE DE INSCRIPCIÓN NA ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DO ALUMNADO DO C.E.I.P. GARCÍA BARBÓN – CURSO 2022/2023

https://forms.gle/PUs6P9z2SCkRddFZ6https://forms.gle/PUs6P9z2SCkRddFZ6