Xa está creado en Ábaco o evento da Liga de Natación Escolar do Concello de Vigo, unha actividade deportiva dirixida ao alumnado de Primaria e organizada pola Concellería de Deportes do Concello de Vigo, coa colaboración da Fundación VIDE e a dirección técnica do Club Natación Vigo Rías Baixas.

Inscrición – 1ª Xornada (ata o 16 de xaneiro)

Para inscribirse, debedes: Acceder ao evento creado en Ábaco, inscribirvos e enviar unha mensaxe á ANPA a través da propia aplicación indicando os seguintes datos do alumno/a:

  • Nome e apelidos
  • Data de nacemento

Importante:

A inscrición oficial realízaa a ANPA, xa que somos nós quen debemos introducir os datos no formulario facilitado pola organización.

Calendario de xornadas

  • 1ª Xornada: 25 de xaneiro
  • 2ª Xornada: 8 de marzo
  • 3ª Xornada: 10 de maio

Lugar de celebración

As probas celebraranse en piscinas municipais de Vigo, como as do Carme.

Para calquera dúbida, podedes contactar coa ANPA a través de Ábaco.