A través da presente enquisa, desexamos coñecer o grao de satisfacción das familias, co fin de coñecer a súa opinión sobre aspectos relacionados cos servizos complementarios do centro e recoller suxerencias e aspecto de melloras.
Esta enquisa é de carácter anónimo.
Rógase por favor, a máxima participación na elaboración desta enquisa dada a súa importancia, terase en conta todas as achegas e suxerencias.
Dos resultados obtidos, dependerán accións futuras.
Este ano as clases comezan o 8 de setembro polo que todas as familias que empezades este ano en 4º de infantil, podedes inscribirvos xa como socias/os do ANPA e anotarvos no comedor.
Lembrámosvos que as clases comezan o 8 de setembro pero as familias de 4º de infantil teñen un período de adaptación.
Convocatoria Online Asamblea Xeral ANPA a Barxa Mércores, 15 de xuño · 19:00-21:00 Información para unirse en Google Meet Ligazón da videochamada: https://meet.google.com/tmc-dcsk-cob
Despois de tanto tempo retomamos a nosa cotiá festa de fin de curso!
A partires do luns 13/06/2022 teredes a vosa disposición no local da ANPA as entradas para a Festa de Fin de Curso. Poderanse recoller dende o propio luns 13 ata o mércores 15 (No horario habitual da ANPA).
PREZO ENTRADAS FAMILIAS SOCIAS: De balde PREZO ENTRADAS FAMILIAS NON SOCIAS: 5€/entrada No DE ENTRADAS A ENTREGAR: 1 por alumna/o máis 2 por familia HORARIO DA FESTA: 17:00h – 20:00h
convocámolo/a á Asamblea Xeral Ordinaria da ANPA“A BARXA” que terá lugar o vindeiro xoves 7 de outubro de 2021, ás 19.00h en primeira convocatoria e as 19.30 h na segunda convocatoria no pavillón do colexio.
Dende a ANPA A BARXA queremos desexarvos un feliz verán. Agradecer a participación de todas as familias socias nas actividades que a ANPA organiza ao longo do curso: servizo de comedor, actividades extraescolares este ano foron poucas e fora do centro, festas, este ano diferentes: Nadal (o celebramos coa visita de Papá Noel ás aulas) e Entroido,(fixemos un concurso de disfraces).
Este curso académico 2020/2021 continuamos co proxecto do Horto Escolar e sumamos o proxecto Coeducando na Barxa en colaboración co centro.
Este ano aínda non podemos celebrar a nosa tradicional festa de fin de curso. Pero non queremos deixar de festexar estas datas. Así que con esa intención decidimos desta volta obsequiar o noso alumnado cun pequeno agasallo moi especial.
As nenas e os nenos levarán para casa un libro e un marcapáxinas. O libro non é un libro calquera; é un libro que xa pertenceu antes a outras persoas e que volverá cobrar vida entre as mans dos vosos fillos e fillas, un libro cunha historia que segue a súa viaxe. O marcapáxinas tamén é especial, xa o veredes.
Lembramos que a ANPA estará activa ata o 30de xuño, de 9:00 a 13:00. Retomaremos a atención en setembro.
E por fin rematamos este ano tan peculiar…Hoxe rematou este curso tan diferente, un curso no que tivemos tod@s que adaptarnos as circunstancias.Por un lado ledos por superalo con matrícula, tanto pequenos como maiores; cando parecía que non iamos tan sequera a comezar. E por outro tristes como todos os anos coas despedidas dos graduados de 6°
Nestes curso descubrimos as Patrullas.
Cada clase fixo a sua Patrulla, diseñaron o logo, o nome e a sua frase.
No primero e segundo trimestre traballaron un proxecto creado pola nosa encargada Paula do comedor, «A patrulla do Silencio».
Neste último trimestre as Patrullas tiveron o primeiro Campionato de Bolos
Pero durante todo o ano se fixeron moitas actividades no comedor como: recomendacions dos libros que mais lles gustaron, marcapaxinas,a Caixa da Amizade, o día da obesidade, o día d@ celíac@, moitos debuxos, os venres da música,o día internacional da Muller, @s nos@s monitorxs léronlles moitos contos o longo do curso (da Biblioteca do ANPA),…
Moitos proxectos gracias @s monitor@s e a encargada do comedor.
Aquí tedes algunhas das fotos do último día no que quixemos ter un pequeno detalle con todas as nosas crianzas neste ano tan peculiar.
Feliz Verán a tod@s dende o ANPA a Barxa do CEIP García Barbón!
Dende a ANPA A BARXA queremos desexarvos un feliz verán. Agradecer a participación de todas as familias socias nas actividades que a ANPA organiza ao longo do curso: servizo de comedor, actividades extraescolares tanto dentro do noso centro como fora do centro, festas (Nadal, Magosto, Entroido,…). Este curso académico 2019/2020 continuamos co proxecto do Horto Escolar e sumamos o proxecto Coeducando na Barxa en colaboración co centro. Esperamos continuar con todo no vindeiro curso. Este ano debido a grave situación que nos tocou vivir quedamos sen festa de Fin de Curso, pero o máis importante é que todas/os os atopedes ben e desexando que no curso próximo podamos vernos as caras.
Todas as adaptacións ou protocolos que debamos levar a cabo para a volta en setembro as iremos comunicando.
Moitas grazas
Lembramos que a ANPA estará activa ata o 15 de xullo, de 9:30 a 13:30. Retomaremos a atención en setembro.