Dende a ANPA A BARXA queremos desexarvos un feliz verán. Agradecer a participación de todas as familias socias nas actividades que a ANPA organiza ao longo do curso: servizo de comedor, actividades extraescolares este ano foron poucas e fora do centro, festas, este ano diferentes: Nadal (o celebramos coa visita de Papá Noel ás aulas) e Entroido,(fixemos un concurso de disfraces).

Este curso académico 2020/2021 continuamos co proxecto do Horto Escolar e sumamos o proxecto Coeducando na Barxa en colaboración co centro.

Este ano aínda non podemos celebrar a nosa tradicional festa de fin de curso. Pero non queremos deixar de festexar estas datas. Así que con esa intención decidimos desta volta obsequiar o noso alumnado cun pequeno agasallo moi especial.

As nenas e os nenos levarán para casa un libro e un marcapáxinas. O libro non é un libro calquera; é un libro que xa pertenceu antes a outras persoas e que volverá cobrar vida entre as mans dos vosos fillos e fillas, un libro cunha historia que segue a súa viaxe. O marcapáxinas tamén é especial, xa o veredes.

Lembramos que a ANPA estará activa ata o 30de xuño, de 9:00 a 13:00. Retomaremos a atención en setembro.

Bo verán e viva a ANPA!