Xa está aberto o prazo para realizar a renovación do servizo de comedor para o curso 2025-2026.
Podedes acceder ao formulario a través da seguinte ligazón:

https://forms.gle/5oTjKHgCVLmDC2uy8

Lembrámosvos que, segundo o aprobado na asemblea de outubro de 2024, aplicaranse as seguintes novidades nas normas de funcionamento do comedor:

* O pago realizarase ao comezo de cada mes, non a mes vencido como ata agora.
* A partir da segunda falta sen xustificar aplicarase unha penalización.
* Para facer uso do comedor é imprescindible estar ao día dos pagos co ANPA.
* As baixas ou modificacións deberán comunicarse antes do día 20 do mes anterior.
* Aínda que a renovación se fai agora, en setembro poderedes modificar os días seleccionados se fose necesario.

O prazo para renovar será do 15 ao 25 de maio.

IMPORTANTE: O regulamento do comedor está dispoñible na web do ANPA e a súa lectura é obrigatoria antes de realizar a renovación.

Grazas pola vosa colaboración!