Calendario de exhibicións e xornadas de portas abertas – Actividades extraescolares
Anexamos o calendario de actuacións e exhibicións de fin de curso das actividades extraescolares.
As actividades de intelixencia emocional e multideporte contarán con xornadas de portas abertas, pensadas para que os nenos e nenas poidan probar e coñecer estas actividades de cara ao próximo curso.
Se o teu fillo/a non está inscrito actualmente en intelixencia emocional ou multideporte, pero lle gustaría participar na sesión aberta, só tes que enviarnos unha mensaxe ao ANPA para organizar a asistencia.
Grazas pola vosa colaboración!

