Na ANPA A Barxa sempre son benvidas as mans amigas. A participación das familias é fundamental para poder levar a cabo todos os servizos, actividades e proxectos que ofrecemos ao longo do curso.
Existen diferentes formas de colaborar, cada unha coa súa natureza e nivel de compromiso. Calquera achega, por pequena que pareza, suma. A continuación explicamos as principais vías de participación:
1. Formar parte da directiva
A directiva está formada por un grupo de nais e pais que se implican de maneira continua e formal durante todo o curso escolar. As súas responsabilidades inclúen:
- Organización do comedor escolar.
- Coordinación das actividades extraescolares.
- Planificación e execución de festas e eventos.
- Comunicación cos socios e co centro educativo.
- Xestión económica e administrativa da asociación.
- Participación nos órganos colexiados como o Consello Escolar.
Isto require certa dedicación e asistencia a reunións periódicas, así como dispoñibilidade para a toma de decisións relevantes..
2. Participar como voluntario/a
Se non podes asumir un compromiso continuo, tamén podes formar parte do noso grupo de voluntariado. A túa colaboración será puntual, e sempre adaptada á túa dispoñibilidade. Algunhas das tarefas habituais son:
- Axudar nas festas escolares (montaxe, cantina, actividades…).
- Participar nas excursións ou saídas organizadas pola ANPA.
- Apoiar en campañas ou proxectos concretos (igualdade, horto…).
- Difundir comunicacións nos grupos de aula (rede de redifusión).
- Ofrecer coñecementos ou recursos puntuais (fotografía, deseño, impresión, etc.).
Non require asistencia a reunións nin compromisos fixos, só ganas de botar unha man cando poidas.
3. Colaborar desde a túa experiencia ou profesión
Hai familias que, pola súa formación ou profesión, poden achegar valor doutro xeito: impartindo obradoiros, ofrecendo espazos ou materiais, etc.
Se cres que podes achegar algo desde este ámbito, tamén é unha forma valiosa de colaborar.
Como participar?
Se queres unirte á directiva, formar parte do grupo de voluntariado ou simplemente ofrecernos unha idea, podes contactar connosco:
anpa.garcia.barbon@gmail.com
No noso local no colexio (no horario de atención)
A través do teléfono da ANPA: +34 660 17 52 15
Lembrámosche que a ANPA está formada por familias como ti, que traballan de maneira totalmente voluntaria para mellorar a vida escolar de todos os nenos e nenas do centro.
Toda colaboración é necesaria. Toda achega é valiosa. Contamos contigo!
Grazas por formar parte da comunidade ANPA A Barxa