Con moita ilusión anunciámosvos que o vindeiro venres 20 de xuño celebraremos a nosa festa de fin de curso no patio do colexio. A festa desenvolverase de 17:00 h a 19:30 h, e gustaríanos contar con vós para facer desta tarde un momento especial para toda a comunidade educativa.

Data: venres 20 de xuño
Horario: de 17:00 a 19:30 h
Lugar: Patio do colexio

Petición de colaboración con alimentos
Para a merenda, pedimos colaboración ás seguintes clases (que non achegaron comida no Entroido): 4º Infantil, 3º Primaria, 4º Primaria e 6º Primaria
O resto das familias podedes colaborar asistindo, participando ou a través da cantina.

Cantina solidaria
O alumnado de 5º de Primaria xestionará unha cantina onde venderán bebidas. A recadación irá destinada á súa excursión de fin de etapa. Animámosvos a colaborar!

Entradas

Sorteo de rifas
Durante a festa realizaremos o sorteo de premios doados polos nosos colaboradores. Lembrade traer as vosas rifas!
Aínda estades a tempo de mercalas na oficina da ANPA (1 € cada unha) ata o mesmo día da festa.

Recordatorios importantes
Os nenos e nenas deben estar acompañados/as por unha persoa adulta responsable.
NON se permitirá o acceso con balóns nin xogar ao fútbol.
Haberá festa da escuma: recomendámosvos traer bañador, toalla e roupa de recambio.
O alumnado deberá ser recollido no horario habitual de saída do comedor. O centro deberá quedar baleiro para os preparativos da festa. Non se poderá acceder novamente ata a hora de inicio do evento.

Moitas grazas pola vosa colaboración e apoio ao longo do curso. Agardámosvos o día 20 para pechar o curso cunha gran festa compartida!