Desde a ANPA A Barxa dámosvos a benvida á comunidade educativa do noso colexio e ofrecémosvos este documento con preguntas frecuentes para resolver as dúbidas máis habituais das familias que se incorporan ao centro e ao ANPA.
Animámosvos a participar, preguntar e colaborar. Lembrade que a ANPA somos todas as familias e xuntos facemos que a experiencia escolar sexa mellor para os nosos fillos e fillas.

Que xestiona a ANPA?
• O comedor escolar
• A aula matinal
• As actividades extraescolares
• Os campamentos durante o curso escolar
• Excursións en familia (como a das Illas Cíes)

Para participar nas actividades, é necesario ser socio/a?
Si, para poder facer uso dos servizos e actividades organizadas pola ANPA é imprescindible ser socio/a e estar ao día no pago da cota anual.

Como facerse socio/a da ANPA A BARXA?
• Podes facelo facilmente a través da nosa web: http://anpagarciabarbon.org/
-Na parte superior atoparedes una carpeta que se chama DOCUMENTOS.
– Dentro de DOCUMENTOS, atoparedes os distintos formularios que temos. Tedes que premer no primeiro, Inscrición, cubrir os datos e enviar.
*Se queredes facer uso do comedor o propio documento redirixe a outro formulario para solicitar praza no comedor.
*Se queredes facer uso da Aula matinal atoparedes un formulario para anotarvos.


Cal é o custo de ser socio/a da ANPA A Barxa?
• Cota anual por familia: 25 €, mediante domiciliación bancaria.
• Seguro escolar: pago anual por alumno/a. (Pendentes de confirmar os prezos para o curso 2025-2026).

Información sobre actividades extraescolares:
• As inscricións abriranse a partir do 15 de setembro.
• As datas e os formularios publicaranse na nosa web, na app do ANPA e nas redes sociais.
• Contamos cun grupo de redifusión de WhatsApp para mantervos informados de todas as novidades.

Información sobre o Comedor:
• Comeza unha vez finalizado o período de adaptación.
• Horario de recollida: de 15:00 a 16:00 h.
• Se vai recoller ao neno/a unha persoa diferente ao titor legal, é necesario enviar a autorización, dispoñible na nosa web na carpeta DOCUMENTOS.
• O prezo do comedor para o curso 2025-2026 está pendente de confirmación.
• As cotas do comedor serán iguais todos os meses, xa que o custo está prorrateado.

Información sobre as becas de comedor:
• Aínda non saíu a resolución das becas para o curso 2025-2026.
• Se se resolve a beca unha vez iniciado o curso, cobrarase a cota mensual e devolverase o importe no caso de concesión da beca.

Contacto:
• anpa.garcia.barbon@gmail.com
• 660175215
• App Bandomovil
http://anpagarciabarbon.org
• Instagram anpa_a_barxa
• Facebook Anpa a Barxa


Na nosa web podes atopar o noso estatuto e o regulamento da ANPA