Cartel Charla ReválidaFOANPAS ofrece unha charla coloquio dirixida á comunidade educativa dos centros de ensino público de Educación Infantil, Educación Primaria e Secundaria de Vigo. “As reválidas da LOMCE: Qué nos espera?”. Estará impartida por membros dos sindicatos de ensino da cidade (UGT, CCOO, CIG e STEG). Nela explicarase en que consiste a reválida, facendo fincapé na reválida de 3º curso de educación primaria por ter lugar neste mes, e cales son as razóns que xustifican o seu rexeitamento.
A charla terá lugar o Mércores 13 de Maio ás 17:30 horas. Será no Salón de Actos do Instituto Municipal de Educación (IME), sito en Camiño do Chouzo nº 2.  A inscrición pode facerse no 986 29 88 12 ou enviando un correo electrónico a foanpas@foanpas.com (con nome e apelidos, teléfono, e-mail e centro educativo ao que pertence). Ata o 6 de maio.
De especial interés para aos/ás que teñen fillos/as no 3º curso de primaria (xa que son os que teñen que facer os exames da reválida a finais de maio)
Agardamos sexa do voso interese.