Autorización para nenos/as do comedor

Impreso a cubrir e entregar no local da Anpa no caso de familias que desexen autorizar á recollida dos seus fillos/as a persoas diferentes de pai, nai ou titor/a legal.

Será obrigatorio entregalo ó máis tardar o primeriro día de clase 12/09/2018.

Podedes descargarlo aquí

Capoeira infantil

O vindeiro xoves 17 de setembro a asociación Gunga realizará unha exhibición de Capoeira no pabellón do colexio ás 17h.
Invitámosvos a vir xa que será moi interesante e divertido, explicarán as orixes da Cappeira, os instrumentos musicais que se utilizan e os beneficios de practicala. Ademáis todos os rapaces e rapazas poderán participar nunha clase de proba e aprender alguns movementos básicos do “jogo” da Capoeira.

Festa Fin de Curso: 2017/2018

Festa fin de curso o próximo Xoves 21 de Xuño

As entradas poderán recollerse soamente no local da ANPA do 13 ao 20 de Xuño

Rogamos ás familias que colaboren na organización traendo, a partir das 14:00, comida ou aperitivos en bandexas ou recipientes desbotables.

A ANPA proporcionará a bebida.

Grazas a todos

Inscripción a ANPA e Comedor para o curso 2018-2019

Aquí tedes o formulario para inscribiros na ANPA e no comedor do colexio para o curso 2018-2019.
Como xa sabedes, cada curso tedes que entregar a solicitude de inscripción para perteñeces a ANPA e isto é condición indispensable para poder ir ao comedor.
IMPORTANTE: Lembrade que non sirve estar de alta en cursos anteriores, hai que inscribirse cada ano, e agora poderas facelo cara o curso 2018-2019.

Se queredes podedes descargar aquí o formulario para cubrir con letra lexible e entregalo no local da ANPA, data tope o 15 de Xuño.

Asemblea Xeral da ANPA

Estimado/a socio/a,
Convocámolo/a á Asemblea Xeral Ordinaria da ANPA “A BARXA” que terá lugar o vindeiro xoves 14 de xuño de 2018, ás 18.30 horas en primeira convocatoria e as 19.00 horas en segunda convocatoria na nosa sede social.

Os temas que se tratarán na Orde do día son:
1. Sometemento para aprobación da acta da sesión anterior.
2. Presentación e sometemento para aprobación a modificación da partida económica destinada a adquisición de ordenadores “Chromebooks”.
3. Sometemento para aprobación da tarifa, 2018 – 2019, para o comedor segundo as novas indicacións remitidas por FOANPAS.
4. Renovación de cargos da Xunta Directiva da ANPA para o curso 2018 – 2019
5. Rogos e preguntas

Vº e pr O Presidente
Rubén Mariño Bastos

A Secretaria
Isabel Teijeira Rodríguez