vigo_islas_cies A ANPA está a organizar unha excursión as Illas Cíes o vindeiro 6 de Xuño de 2015. A información sobre a excursión é a seguinte:
Aventura nas Illas Cíes (ruta + animación): día en familia onde os guías-animadores acompañarannos toda a xornada con rutas e actividades de animación fora e dentro do barco.
Saída do porto de Vigo: 11:00 a.m.
Regreso das Illas Cíes: 19:30 p.m.
(*) Haberá que presentarse 30 minutos antes no porto de saída e de regreso, para o embarque.

O prezo será o seguinte:
 – Socios: 9 € Adultos / nenos de balde (alumnos do colexio).
 – Non Socios: 9 € adultos / 9 € nenos
 – Nenos/as de 0 a 2 anos de balde.
Prazo de inscrición e pago da actividade (prazas limitadas):
– Socios: Dende o 12 ao 20 de maio ou ata esgotar as prazas, no local da ANPA (pago efectivo no momento da inscrición).
– Non socios: dende o 20 ao 22 de maio ou ata esgotar as prazas, no local da ANPA (pago efectivo no momento da inscrición).
As prazas asignaranse por rigoroso orden de inscrición.
Comida e bebida non icluida.

Descarga aquí a túa solicitude para entregar no local da ANPA e apuntarte á viaxe.