Informarvos que xa tedes disponible o menú do “comedor escolar” correspondente ao mes de Xuño de 2015. Lembrade que atópase clicando na páxina “Comedor” e seleccionando logo o mes adecuado.
Archivo por meses: mayo 2015
Web da confederación de ANPAS galegas
Informámosvos que tedes toda a información sobre a confederación de ANPAS galegas e a iniciativa en contra de revalida de 3º de primaria nesta web
http://www.anpasgalegas.org/
Charla: «A Autoestima»
Informámosvos da iniciativa por parte do orientador do centro (José Barral) e a ANPA, da realización da seguinte charla:
- “A AUTOESTIMA”: 4 de xuño as 19:00 h. na biblioteca do centro.
Animámosvos a participar, xa que cremos que esta iniciativa é de interese para todos/as na procura de orientación e axuda no noso papel de educadores dos nosos fillos e fillas.
Campamento 2015
Xa tedes toda a información do Campamento para Xuño e Xullo 2015 no cole no seguinte documento
Entradas para Balaídos
Excursión ás illas Cíes (prazas esgotadas)
Actividade de fútbol
Comedor
Tódolos/as usuarios/as de comedor que que queiran darse de baixa no mes de xuño, deberán notificalo, como máximo, na última semana de maio. Grazas pola vosa colaboración.
Excursión ás illas Cíes
A ANPA está a organizar unha excursión as Illas Cíes o vindeiro 6 de Xuño de 2015. A información sobre a excursión é a seguinte:
Aventura nas Illas Cíes (ruta + animación): día en familia onde os guías-animadores acompañarannos toda a xornada con rutas e actividades de animación fora e dentro do barco.
Saída do porto de Vigo: 11:00 a.m.
Regreso das Illas Cíes: 19:30 p.m.
(*) Haberá que presentarse 30 minutos antes no porto de saída e de regreso, para o embarque.
O prezo será o seguinte:
– Socios: 9 € Adultos / nenos de balde (alumnos do colexio).
– Non Socios: 9 € adultos / 9 € nenos
– Nenos/as de 0 a 2 anos de balde.
Prazo de inscrición e pago da actividade (prazas limitadas):
– Socios: Dende o 12 ao 20 de maio ou ata esgotar as prazas, no local da ANPA (pago efectivo no momento da inscrición).
– Non socios: dende o 20 ao 22 de maio ou ata esgotar as prazas, no local da ANPA (pago efectivo no momento da inscrición).
As prazas asignaranse por rigoroso orden de inscrición.
Comida e bebida non icluida.
Descarga aquí a túa solicitude para entregar no local da ANPA e apuntarte á viaxe.
Charla sobre «as reválidas» da LOMCE
FOANPAS ofrece unha charla coloquio dirixida á comunidade educativa dos centros de ensino público de Educación Infantil, Educación Primaria e Secundaria de Vigo. “As reválidas da LOMCE: Qué nos espera?”. Estará impartida por membros dos sindicatos de ensino da cidade (UGT, CCOO, CIG e STEG). Nela explicarase en que consiste a reválida, facendo fincapé na reválida de 3º curso de educación primaria por ter lugar neste mes, e cales son as razóns que xustifican o seu rexeitamento.
A charla terá lugar o Mércores 13 de Maio ás 17:30 horas. Será no Salón de Actos do Instituto Municipal de Educación (IME), sito en Camiño do Chouzo nº 2. A inscrición pode facerse no 986 29 88 12 ou enviando un correo electrónico a foanpas@foanpas.com (con nome e apelidos, teléfono, e-mail e centro educativo ao que pertence). Ata o 6 de maio.
De especial interés para aos/ás que teñen fillos/as no 3º curso de primaria (xa que son os que teñen que facer os exames da reválida a finais de maio)
Agardamos sexa do voso interese.