Gustaríanos que todas as familias do cole formasen parte da ANPA (Asociación de Nais e Pais dos Alumnos/as do cole). Grazas á ANPA no noso cole hai comedor, actividades extraescolares, un campamento o mes de xullo, festa de carnaval, festa de fin de curso, etc, etc. A ANPA funciona principalmente grazas ao traballo desinteresado dun grupo de pais e nais do cole que o fan posible.
Para ser membro, hai que anotarse cada curso, non tendes/tedes máis que cubrir este formulario e a cota é de 30 euros por unidade familiar e curso escolar.