findecurso_cartel

O vindeiro venres 19 de xuño, a partir das 16:30 h da tarde, terá lugar no patio do colexio unha SUPERFESTA DO MÁIS DIVERTIDO, na que haberá moitas sorpresas, todas elas para pasar un bo rato. Para poder acceder ao Centro será necesario presentar a invitación, as cales estarán a vosa disposición no local do ANPA a partires do luns 15.

Os nenos/as usuarios/as de comedor teñen que ser recollidos antes das 16:00 h. non poden quedarse dentro do centro ata o comezo da festa.

Prezos:
Socios: 1 entrada de balde por cada membro da unidade familiar (alumnos/as, pais e nais). Exemplo: 2 irmáns alumnos e seus pais = 4 entradas de balde. A maiores poderanse coller 2 entradas a 1 € cada unha.
Non socios: 5 € cada entrada.