
Archivo por meses: marzo 2022
Campamento de Semana Santa no CEIP Santa Mariña de Cabral

No CEIP Santa Mariña de Cabral, en ANPA realizará un campamento de conciliación durante as vacacións de Semana Santa aberto á participación de nenos e nenas en idade escolar de 3-12 anos, aberto a participantes doutros centros educativos.
Máis información na sua web:
Campamento de Semana Santa no Colexio Chouzo
LIGA DE NATACIÓN ESCOLAR CONCELLO DE VIGO 2022:

Aqueles interesados/as deben inscribirse no local da ANPA.
Información:
Sede: Piscina Municipal do Carme (Complexo Municipal das Travesas).
Datas:
▪ 1a Xornada: 24 de abril
▪ 2a Xornada: 22 de Maio
Horarios: As xornadas desenvolveranse entre as 9.00h e as 14.00h,
Categorías:
· Promesas: Anos de nacemento: 2012, 2013 y 2014.
· Benxamíns: Anos de nacemento: 2008, 2009, 2010 y 2011.
Inscripción:
- Gratuita
Categorías:
- Promesas: anos de nacemento: 2014-2015-2016
- Benxamíns: anos de nacemento: 2010-211-2012-2013
Probas:
- 25 metros libres mixtos Promesas
- 25 metros libres mixtos Benxamín
PLANTACIÓN CARBALLOS NO MONTE

O vindeiro sábado 26 de marzo as 11:00, en colaboración coa Comunidade de Montes de Vincios, a ANPA A Barxa do CEIP Plurilingüe García Barbón, invítavos a participar na plantación dos carballos sementados no curso 2019-2020 dentro das actividades do Horto Ecolóxico A Barxa.
A plantación realizarase nun terreo disposto pola Comunidade de Montes para tal fin no Monte Galiñeiro, Vincios – Gondomar (o punto de encontro indicarase en futuras comunicacións).
Para poder organizar mellor todo o necesario, solicítase a confirmación de participación ata o próximo mércores 23 polas canles habituais de comunicación coa ANPA.
O desprazamento correrá pola conta de cada un dos asistentes, e os alumnos deberán de acudir acompañados polas súas nais, pais ou titores legais.
En caso de mal tempo, aprazarase ata unha nova data.
OBRADOIRO DE RECOLLA DA NOSA TRADICIÓN ORAL: ritmos e cantares

PROGRAMA DE ACTOS POLO 8M

A Concellería de Igualdade e mailo Consello Municipal da Muller de Vigo organizamos no mes de marzo, numerosas e variadas actividades e actos con motivo do Día Internacional das Mulleres.
Lembramos as actividades que se desenvolverán durante os días 9, 10, 11 e 12 de marzo. Son as seguintes:
9 de marzo, mércores: Representación da obra de teatro TABÚ
Tabú é un espectáculo de Carmen Conde que nace froito das conversas recollidas con mulleres de entre 70 e 95 anos no Val Miñor, o Morrazo, o Courel, a Mariña Lucense, a Costa da Morte e o Couto Mixto sobre a súa vida erótica e sexual de xuventude. Un show de narración oral coa misión de transmitir as historias de confusión, segredismo, amor, picaresca e sexualidade (a máis cruel e máis desexada) das mulleres que son cimento da nosa terra, as que poden explicar o que somos agora nós: fillas do Tabú. Un tendal para poñer ó clareo todas as intimidades. Música en vivo interpretada pola cantante Su Garrido Pombo Compañía: Tarabela Creativa Autora e actriz: Carmen Conde Xénero: narración oral e música en vivo Público xuvenil-adulto +13 Duración: 90 minutos
Lugar: Auditorio Municipal do Concello. Praza do Rei, 1.
Hora: 20:00
Entrada libre ata completar a capacidade do local
10 de marzo, xoves:Proxección do filme «La ola verde» de Juan Diego
O Auditorio do Centro Municipal de Teis acolle, o xoves 10 de marzo ás 20:00, a proxeccion do filme documental «La ola verde (que sea ley)» de Juan Diego Solanas. 2019. 82’Sinopse: cada día morre unha muller na Arxentina debido aos abortos clandestinos. En 1918 debatiuse un proxecto de lei de aborto legal que dividiu ao país. Despois dunha victoria na Cámara de Deputadas/os, pero antes do voto definitivo no Senado, o documental reflicte a batalla decisiva, con testemuñas de vítimas e de mulleres que lideraron esta loita.
Lugar: Auditorio do Centro Municipal de Teis. Camiño das Maceiras, s/n.
Hora: 20:00
Entrada libre ata completar a capacidade do local.
11 de marzo, venres: Contacontos de Igualdade a cargo de Paula CarballeiraPaula Carballeira dinamizará a praza 8 de marzo cos seus contos para nenas e nenos a partir de 4 anos.
Lugar: Praza 8 de marzo
Hora: 17:30
Para nenas e nenos a partir de 4 anos
12 de marzo, sábado: Visita guiada ao Roteiro Feminino Sons de Mulleres a cargo de María Casar
Realizarase un percorrido pola ruta en feminino «Sons de Mulleres» guiado pola experta María Casar.
A ruta identifica 15 puntos situados fundamentalmente no casco histórico da cidade, nos que, dun ou outro xeito, as mulleres deixaron a súa pegada e a súa contribución á identidade de Vigo.
Duración aproximada: 90 minutos
Punto de enconto: Paseo de Alfonso
Hora: 11:00
Non é necesario inscrición previa. Prazas limitadas
Nos arquivos adxuntos pódese consultar todo o programa
Máis info en http://www.igualdadevigo.org/?sec=noticias&id_noticia=523 e facebook «IgualdadeVigo»
AVISO IMPORTANTE sobre modificacións do programa de actos organizado en marzo con motivo da conmemoración do Día Internacional das Mulleres :
– CONTACONTOS DE IGUALDADE a cargo de Paula Carballeira(venres 11 de marzo)
Esta actividade trásladase ao espazo de lecer da Casa de Xuventude. (R/ López Mora, 31).
Nenas e nenos de 4 anos en adiante poderán gozar dos contos de Paula Carballeira . Só entrarán as cativas e os cativos na actividade, quedando baixo a supervisión do persoal do espazo de lecer. Mantense a mesma hora do programa: 17:30
– VISITA GUIADA POLO ROTEIRO FEMININO «SONS DE MULLERES» a cargo de María Casar.
Esta actividade, prevista para o sábado 12 de marzo queda adiada.
Nos próximos días informaremos da nova data para poder desfrutar desta ruta. Tamén poderes obter información na nosa paxina web www.igualdadevigo.org e no Facebook «Igualdadevigo»
Recollida de material Humanitario

Varios negocios de Vigo recollerán material sanitario, roupa e comida para enviar a Ucraína
Establecementos de toda a cidade, asociacións e empresas empezaron xa a organizarse para «axudar en todo o posible» aos miles de refuxiados ucraínos.
Aqui deixámosvos algúns deles:
- Na rua Brasil 31, no local de Zetta Music Center
- A tenda de decoración María Bonet, en rúa Colón 23
- A Asociación Vigo Histórico, en colaboración con Fundiciones Rey, está a organizar o envío de dous camións con axuda humanitaria, polo que se solicitou a entrega de material
- Na rúa Torrecedeira 89, en Recó Mobiliario
- En Elduayen 16, no salón de peiteado TuPelu.
- Zetta Music Center, Brasil 31D en horario de lunns a xoves de 16:00 a 22:00 e venres de 16:00 a 21:00
- Iglesia de Santa Marta, Alcalde Portanet, 24, bajo, Vigo en horario de luns a sábado de 18:00 a 21:00
- Retales Lidia, Rosalía de Castro, 3
- Nubes Blancas, rúa Uruguay 12b ata o venres 4 de marzo.
- Coletivo Asime, rúa Doctor Corbal, 51
QUÉ SE PUEDE DONAR?:
A Asociación Galega de Axuda a Ucraína, que trata de centralizar a recollida de materiais e a axuda aos posibles refuxiados que cheguen a Galicia, pide que se entregue, principalmente:
- Comida: Débese doar, sobre todo, comida que poida ser consumida sen necesidade de cociñarse. O mellor exemplo son as latas de conserva e os alimentos precociñados, como as sopas instantáneas, ademais de leite, café, cacao, te, iogures que non requiran refrixeración e froitos secos. Tamén hai unha gran necesidade de produtos para bebés, como leite en po ou cremas. Igualmente, solicítanse alimentos como galletas, chocolate e barras enerxéticas. Non se poden enviar, pola súa fraxilidade, alimentos en botes de cristal porque, ademais de romper, poden estragar outros que vaian no mesmo embalaxe. Igualmente, hai que evitar os produtos perecedoiros e aqueles que, sen selo, necesitan de cocción, como a pasta e o arroz.
- Roupa, enxoval e material de cámping: O frío ucraíno e o feito de que miles de persoas están a refuxiarse en lugares inhóspitos obriga a mandar gran cantidade de roupa térmica. Pídense sobre todo calcetíns, luvas, camisetas térmicas, impermeables, chaquetas polares e paravientos. Na medida do posible debe ser roupa nova que teña postas as etiquetas, xa que é un requirimento de aduanas para que poida chegar antes a axuda. Necesítanse sobre todo tallas grandes para os civís que están na fronte e necesitan esa roupa de abrigo. Pero tamén pezas deste tipo para os nenos. Tamén se requiren sacos de durmir, mantas, esterillas, tendas de campaña, colchóns inchables, hornillos e mochilas.
- Hixiene: Precísanse todo tipo de produtos de hixiene persoal, toalliñas húmidas (con e sen alcol), cueiros e demais material para os bebés, como biberóns. Igualmente, requírense compresas, tampones, papel hixiénico, xabón, cepillos e pasta de dentes.
- Material de protección: Pídese roupa e redes de camuflaxe, mistos impermeables, velas, chisqueiros, cordas, chifres, botas militares, prismáticos, lanternas e pilas, cascos, baterías extraíbles para móbiles, mochilas e xeonlleiras ou outro material ortopédico.
- Medicamentos y demás material sanitario:As entidades que se encargan das recollidas están a demandar alcohol, vendas, talco, auga osixenada, antisépticos, gasas, soro fisiolóxico, esparadrapo, tiritas, luvas de látex ou vinilo, máscaras, soro, antiinflamatorios, antibióticos, xiringas, paracetamol, ibuprofeno, enantyum, naproxeno, amoxicilina, antidepresivos ou curta hemorraxias. Igualmente, pídense tesoiras e todo tipo de material sanitario.