Varios negocios de Vigo recollerán material sanitario, roupa e comida para enviar a Ucraína
Establecementos de toda a cidade, asociacións e empresas empezaron xa a organizarse para “axudar en todo o posible” aos miles de refuxiados ucraínos.

Aqui deixámosvos algúns deles:

  • Na rua Brasil 31, no local de Zetta Music Center
  • A tenda de decoración María Bonet, en rúa Colón 23
  • A Asociación Vigo Histórico, en colaboración con Fundiciones Rey, está a organizar o envío de dous camións con axuda humanitaria, polo que se solicitou a entrega de material
    • Na rúa Torrecedeira 89, en Recó Mobiliario
    • En Elduayen 16, no salón de peiteado TuPelu.
  • Zetta Music Center, Brasil 31D en horario de lunns a xoves de 16:00 a 22:00 e venres de 16:00 a 21:00
  • Iglesia de Santa Marta, Alcalde Portanet, 24, bajo, Vigo en horario de luns a sábado de 18:00 a 21:00
  • Retales Lidia, Rosalía de Castro, 3
  • Nubes Blancas, rúa Uruguay 12b ata o venres 4 de marzo.
  • Coletivo Asime, rúa Doctor Corbal, 51

QUÉ SE PUEDE DONAR?:

A Asociación Galega de Axuda a Ucraína, que trata de centralizar a recollida de materiais e a axuda aos posibles refuxiados que cheguen a Galicia, pide que se entregue, principalmente:

  • Comida: Débese doar, sobre todo, comida que poida ser consumida sen necesidade de cociñarse. O mellor exemplo son as latas de conserva e os alimentos precociñados, como as sopas instantáneas, ademais de leite, café, cacao, te, iogures que non requiran refrixeración e froitos secos. Tamén hai unha gran necesidade de produtos para bebés, como leite en po ou cremas. Igualmente, solicítanse alimentos como galletas, chocolate e barras enerxéticas. Non se poden enviar, pola súa fraxilidade, alimentos en botes de cristal porque, ademais de romper, poden estragar outros que vaian no mesmo embalaxe. Igualmente, hai que evitar os produtos perecedoiros e aqueles que, sen selo, necesitan de cocción, como a pasta e o arroz.
  • Roupa, enxoval e material de cámping: O frío ucraíno e o feito de que miles de persoas están a refuxiarse en lugares inhóspitos obriga a mandar gran cantidade de roupa térmica. Pídense sobre todo calcetíns, luvas, camisetas térmicas, impermeables, chaquetas polares e paravientos. Na medida do posible debe ser roupa nova que teña postas as etiquetas, xa que é un requirimento de aduanas para que poida chegar antes a axuda. Necesítanse sobre todo tallas grandes para os civís que están na fronte e necesitan esa roupa de abrigo. Pero tamén pezas deste tipo para os nenos. Tamén se requiren sacos de durmir, mantas, esterillas, tendas de campaña, colchóns inchables, hornillos e mochilas.
  • Hixiene: Precísanse todo tipo de produtos de hixiene persoal, toalliñas húmidas (con e sen alcol), cueiros e demais material para os bebés, como biberóns. Igualmente, requírense compresas, tampones, papel hixiénico, xabón, cepillos e pasta de dentes.
  • Material de protección: Pídese roupa e redes de camuflaxe, mistos impermeables, velas, chisqueiros, cordas, chifres, botas militares, prismáticos, lanternas e pilas, cascos, baterías extraíbles para móbiles, mochilas e xeonlleiras ou outro material ortopédico.
  • Medicamentos y demás material sanitario:As entidades que se encargan das recollidas están a demandar alcohol, vendas, talco, auga osixenada, antisépticos, gasas, soro fisiolóxico, esparadrapo, tiritas, luvas de látex ou vinilo, máscaras, soro, antiinflamatorios, antibióticos, xiringas, paracetamol, ibuprofeno, enantyum, naproxeno, amoxicilina, antidepresivos ou curta hemorraxias. Igualmente, pídense tesoiras e todo tipo de material sanitario.