
A partir de mañá, as comunicacións e notificacións da ANPA A Barxa comezarán a realizarse a través da nova aplicación ÁBACO.
Durante uns días manteremos de xeito transitorio o envío dalgúns avisos tamén por Bando Móbil, pero esta canle quedará inactiva o 31 de outubro.
Agradecemos que, a partir de agora, todas as comunicacións coa ANPA (consultas, solicitudes, incidencias, etc.) se realicen exclusivamente a través da plataforma Ábaco, evitando o uso de WhatsApp ou correo electrónico.
Nas próximas semanas iremos deixando de empregar progresivamente o resto de canles de comunicación, co obxectivo de centralizar toda a información e xestión nun único espazo máis áxil, ordenado e eficiente.
Grazas pola vosa colaboración e comprensión durante este proceso de adaptación.