A Concellería de Igualdade e mailo Consello Municipal da Muller de Vigo organizamos no mes de marzo, numerosas e variadas actividades e actos con motivo do Día Internacional das Mulleres.
Lembramos as actividades que se desenvolverán durante os días 9, 10, 11 e 12 de marzo. Son as seguintes:
9 de marzo, mércores: Representación da obra de teatro TABÚ
Tabú é un espectáculo de Carmen Conde que nace froito das conversas recollidas con mulleres de entre 70 e 95 anos no Val Miñor, o Morrazo, o Courel, a Mariña Lucense, a Costa da Morte e o Couto Mixto sobre a súa vida erótica e sexual de xuventude. Un show de narración oral coa misión de transmitir as historias de confusión, segredismo, amor, picaresca e sexualidade (a máis cruel e máis desexada) das mulleres que son cimento da nosa terra, as que poden explicar o que somos agora nós: fillas do Tabú. Un tendal para poñer ó clareo todas as intimidades. Música en vivo interpretada pola cantante Su Garrido Pombo Compañía: Tarabela Creativa Autora e actriz: Carmen Conde Xénero: narración oral e música en vivo Público xuvenil-adulto +13 Duración: 90 minutos
Lugar: Auditorio Municipal do Concello. Praza do Rei, 1.
Hora: 20:00
Entrada libre ata completar a capacidade do local
10 de marzo, xoves:Proxección do filme “La ola verde” de Juan Diego
O Auditorio do Centro Municipal de Teis acolle, o xoves 10 de marzo ás 20:00, a proxeccion do filme documental “La ola verde (que sea ley)” de Juan Diego Solanas. 2019. 82’Sinopse: cada día morre unha muller na Arxentina debido aos abortos clandestinos. En 1918 debatiuse un proxecto de lei de aborto legal que dividiu ao país. Despois dunha victoria na Cámara de Deputadas/os, pero antes do voto definitivo no Senado, o documental reflicte a batalla decisiva, con testemuñas de vítimas e de mulleres que lideraron esta loita.
Lugar: Auditorio do Centro Municipal de Teis. Camiño das Maceiras, s/n.
Hora: 20:00
Entrada libre ata completar a capacidade do local.
11 de marzo, venres: Contacontos de Igualdade a cargo de Paula CarballeiraPaula Carballeira dinamizará a praza 8 de marzo cos seus contos para nenas e nenos a partir de 4 anos.
Lugar: Praza 8 de marzo
Hora: 17:30
Para nenas e nenos a partir de 4 anos
12 de marzo, sábado: Visita guiada ao Roteiro Feminino Sons de Mulleres a cargo de María Casar
Realizarase un percorrido pola ruta en feminino “Sons de Mulleres” guiado pola experta María Casar.
A ruta identifica 15 puntos situados fundamentalmente no casco histórico da cidade, nos que, dun ou outro xeito, as mulleres deixaron a súa pegada e a súa contribución á identidade de Vigo.
Duración aproximada: 90 minutos
Punto de enconto: Paseo de Alfonso
Hora: 11:00
Non é necesario inscrición previa. Prazas limitadas
Nos arquivos adxuntos pódese consultar todo o programa
Máis info en http://www.igualdadevigo.org/?sec=noticias&id_noticia=523 e facebook “IgualdadeVigo”
AVISO IMPORTANTE sobre modificacións do programa de actos organizado en marzo con motivo da conmemoración do Día Internacional das Mulleres :
– CONTACONTOS DE IGUALDADE a cargo de Paula Carballeira(venres 11 de marzo)
Esta actividade trásladase ao espazo de lecer da Casa de Xuventude. (R/ López Mora, 31).
Nenas e nenos de 4 anos en adiante poderán gozar dos contos de Paula Carballeira . Só entrarán as cativas e os cativos na actividade, quedando baixo a supervisión do persoal do espazo de lecer. Mantense a mesma hora do programa: 17:30
– VISITA GUIADA POLO ROTEIRO FEMININO “SONS DE MULLERES” a cargo de María Casar.
Esta actividade, prevista para o sábado 12 de marzo queda adiada.
Nos próximos días informaremos da nova data para poder desfrutar desta ruta. Tamén poderes obter información na nosa paxina web www.igualdadevigo.org e no Facebook “Igualdadevigo”