Cross Mosteiro Bembrive – 8 de Maio

A ANPA “Bene Vívere” do CEIP Público MOSTEIRO-BEMBRIVE  ten o pracer de  convidar aos alumnos e alumnas a participar no XLI  CROSS ESCOLAR MOSTEIRO BEMBRIVE  que se organizará o vindeiro domingo 08 de maio de 2022 a partir das DEZ DA MAÑÁ e que se desenvolverá no recinto e arredores do Colexio.

1.- Neste Cross disputaranse as seguintes probas nas categorías feminina e masculina, cos lugares, distancias e horarios que se sinalan:

 Hora (aprox.)CategoríaAno de nacementoPercorridoDistancia
10:00Cadete feminino2007 e 20082 voltas percorrido C2100 metros
10:10Cadete masculino2007 e 20082 voltas percorrido C2100 metros
10:20Infantil feminino2009 e 20102 voltas percorrido B1700 metros
10:30Infantil masculino2009 e 20102 voltas percorrido B1700 metros
10:40Alevín feminino2011 e 20121 volta percorrido C1050 metros
10:50Alevín masculino2011 e 20121 volta percorrido C1050 metros
11:10Carreira de pais e nais 1 volta percorrido B850 metros
11:30Benxamín feminino2013 e 20141 volta percorrido B850 metros
11:40Benxamín masculino2013 e 20141 volta percorrido B850 metros
11:50Prebenxamín feminino2015 e 20161 volta percorrido A500 metros
12:00Prebenxamín masculino2015 e 20161 volta percorrido A500 metros
12:15Pitufos 4 feminino20172 voltas percorrido D200 metros
12:20Pitufos 4 masculino20172 voltas percorrido D200 metros
12:30Pitufos 3 feminino20181 volta percorrido D100 metros
12:35Pitufos 3 masculino20181 volta percorrido D100 metros
12:45Entrega de trofeos

2.- As probas comezarán en cada categoría, primeiro pola feminina e a seguir a masculina.

3.- A inscrición: o nome e apelidos e mailo ano de nacemento e sexo  dos participantes. A data límite para presentación das inscricións será o día 2 de maio as 22:00 horas, non aceptándose ningunha fóra de prazo. Para calquera aclaración poderán contactar con  no teléfono 665 860 814 .

4.- Non será admitido ningún atleta ou centro que non fora invitado pola organización.

5.- Tódolos participantes deben estar inscritos no programa Xogade, a través do Club ou colexio que o inscribe.

6.- Tódolos clubes, colexios ou agrupacións deportivas estarán representados por un delegado/delegada para tratar calquera tema referente á competición co Comité Organizador.

7.-Os dorsais serán entregados pola organización, e poderán recollerse ata 30 minutos antes do comezo da proba. O Colexio que aporte datos falsos será descalificado do Cross.

8.- Os organizadores non subvencionarán os gastos de desprazamento nin se responsabilizarán das lesións que puideran xurdir durante o desenvolvemento das probas.

9.- As persoas participantes consinten na realización de fotografías e video por parte da organización. Poderán rexeitar este consentimento por comunicación a anpabenevivere@gmail.com       

Agardando a súa participación e co mellor espírito deportivo, saudámolo/a atentamente.

1ª Xornada da Liga de Natación escolar

Os horarios desta domingo 24 de abril serán:

BENXAMÍNS (anos de nacemento: 2010-2011-2012-2013)

9.00h: recepción e entrada de nadadores/as benxamíns

9.30h: inicio das series de nadadores/as benxamíns

PROMESAS (anos de nacemento: 2014-2015-2016)
10.30h: recepción e entrada de nadadores/as promesas
11.00h: inicio das series de nadadores/as promesas

*A Liga de Natación Escolar aplica as normas marcadas pola Federación Galega de Natación segundo indica a Secretaria Xeral para o Deporte fronte o risco de contaxio pola Covid-19 de aplicación ao Deporte Galego (achegamos circular).

¡ Desexamosvos que disfrutedes moito desta xornada de deporte!

XOGA EN GALEGO

O Concello de Vigo, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, organiza o primeiro certame do Concello de Vigo de creación de xogos de mesa en galego para público infantil e familiar «Xoga en galego».

No concurso pódese participar de xeito individual e/ou en grupos.

O requisito imprescindible é aceptar e coñecer as bases do concurso que podedes consultar neste enlace: https://snl.vigo.org/post/xoga-en-galego

Os obxectivos que se buscan son:

• Dinamizar o uso da lingua galega entre o colectivo infantil e familiar en contextos educativos e sociais diversos.

• Potenciar a creación lúdica colectiva.

Se vai realizar o vindeiro 29 de abril (venres) no Verbum, dúas actividades informativas e complementarias sobre este certame:

Un obradoiro dirixido a familias con crianzas a partir de 4 anos e unha xornada (in)formativa sobre o propio certame, na que se achegarán recomendacións e consellos para crear xogos de mesa.

Horario: de 18:30 a 19:30

Prazas: 30

Inscrición: chamando ao 010, a partir do 20 de abril

Lugar: salón de actos do Verbum (avda. de Samil, 17).

FALADOIRO 

As redes de axuda de mulleres na guerra civil e na segunda guerra mundial:

as lavandeiras de San Simón e as Irmás Touza

Centro de Documentación e Recursos Feministas 

Xoves2de abril 2022

ás 19:00

Intervén: Eva Mejuto

COIDAMOS A SAÚDE MENTAL DA XUVENTUDE?

Cando: MÉRCORES 27 DE ABRIL DE 2022

Hora: 17:00 H.

Onde: IES SAN TOMÉ DE FREIXEIRO (Av. Gran Vía, s/n, Vigo)

A saúde mental é algo fundamental para o benestar das persoas. A pandemia provocada pola COVID veu agravar situacións de estrés, depresión, ansiedade, illamento ou atolesións que se están a dar nas nosas crianzas.

A actividade será impartida por David Del Castillo, Coordinador e Psicólogo, Programa de Intervención Precoz en Psicose, DOA Saúde Mental.

Prazas limitadas.

Inscricións: enchendo o formulario: https://forms.gle/GCFMN6DSxPyTRJjEA