O vindeiro sábado 26 de marzo as 11:00, en colaboración coa Comunidade de Montes de Vincios, a ANPA A Barxa do CEIP Plurilingüe García Barbón, invítavos a participar na plantación dos carballos sementados no curso 2019-2020 dentro das actividades do Horto Ecolóxico A Barxa.

A plantación realizarase nun terreo disposto pola Comunidade de Montes para tal fin no Monte Galiñeiro, Vincios – Gondomar (o punto de encontro indicarase en futuras comunicacións).

Para poder organizar mellor todo o necesario, solicítase a confirmación de participación ata o próximo mércores 23 polas canles habituais de comunicación coa ANPA.

O desprazamento correrá pola conta de cada un dos asistentes, e os alumnos deberán de acudir acompañados polas súas nais, pais ou titores legais.

En caso de mal tempo, aprazarase ata unha nova data.