Inscripción a ANPA e Comedor para o curso 2018-2019

Aquí tedes o formulario para inscribiros na ANPA e no comedor do colexio para o curso 2018-2019.
Como xa sabedes, cada curso tedes que entregar a solicitude de inscripción para perteñeces a ANPA e isto é condición indispensable para poder ir ao comedor.
IMPORTANTE: Lembrade que non sirve estar de alta en cursos anteriores, hai que inscribirse cada ano, e agora poderas facelo cara o curso 2018-2019.

Se queredes podedes descargar aquí o formulario para cubrir con letra lexible e entregalo no local da ANPA, data tope o 15 de Xuño.

Asemblea Xeral da ANPA

Estimado/a socio/a,
Convocámolo/a á Asemblea Xeral Ordinaria da ANPA “A BARXA” que terá lugar o vindeiro xoves 14 de xuño de 2018, ás 18.30 horas en primeira convocatoria e as 19.00 horas en segunda convocatoria na nosa sede social.

Os temas que se tratarán na Orde do día son:
1. Sometemento para aprobación da acta da sesión anterior.
2. Presentación e sometemento para aprobación a modificación da partida económica destinada a adquisición de ordenadores “Chromebooks”.
3. Sometemento para aprobación da tarifa, 2018 – 2019, para o comedor segundo as novas indicacións remitidas por FOANPAS.
4. Renovación de cargos da Xunta Directiva da ANPA para o curso 2018 – 2019
5. Rogos e preguntas

Vº e pr O Presidente
Rubén Mariño Bastos

A Secretaria
Isabel Teijeira Rodríguez

Exhibicións das actividades extraescolares 2018

As exhibicións das actividades extraescolares do curso 2017-2018 faranse nos seguintes días e horas:

Kung-Fu: o 28/05/18 ás 16:15 no “Pavillón” (fora se non chove)

Patinaxe: o 29/05/18 ás 16:00 no “Pavillón”

Ximnasia Rítmica: o 31/05/18 ás 16:00 no “Pavillón”

Inglés: o 04/06/18 ás 16:00 no “Pavillón”

Teatro: o 07/06/18 ás 17:00 en “Usos múltiples”

 

 

Excursión Illas Cíes

Estimadas familias,

A ANPA está a organizar unha excursión as Illas Cíes o vindeiro 3 de Xuño. A información sobre a excursión é a seguinte:
Saída do porto de Vigo: 11:30 a.m.
Regreso das Illas Cíes: 20:30 p.m.
(*) Haberá que presentarse 30 minutos antes no porto de saída e de regreso, para o embarque.

O prezo será o seguinte (bebida e comida non incluída):
 Socios/as: 7 € pais, nais, nenos/as e irmáns
 Non Socios/as: 10 € adultos e nenos/as
 Nenos/as de 0 a 2 anos de balde

Prazo de inscrición e pago da actividade (prazas limitadas: 245):
 Socios/as: Dende o 24 de maio (en horario de 9:00 a 10:00, de 13:30 a 15:00 e de 15:30 a 18:00) ao 28 de maio ata as 10:00 da mañá ou ata esgotar as prazas, no local da ANPA (pago efectivo no momento da inscrición).
 Non socios/as: en caso de sobrar prazas, o día 28 de maio, no local dá ANPA de 13:30 a 15:00 e de 15:30 a 18:00 (pago efectivo no momento da inscrición).

Recollida dos billetes
Os billetes recolleranse no local dá ANPA dende o 31 de maio ao 1 de xuño, en horario de 9:00 a 10:00, de 13:30 a 15:00 e de 15:30 a 18:00) . E imprescindible presentalos o día da excursión.

As prazas asignaranse por rigoroso orden de inscrición.

Para axilizar, podedes descargar aquí o formulario de inscripción para imprimir en casa e levalo xa prepardo a ANPA.

Campamento de Verán 2018

Podedes descargar o folleto do campamento aquí

Para facer a inscripción é necesario pasar pola ANPA en horario de 9:00 a 9:30 ou de 13:30 a 19:30 (venres ata as 18:00).

O formulario de inscripción por si queredes imprimilo na casa e levalo xa cos datos o podedes descargar aquí.

Troco

A partir do próximo 3 de Abril farase cargo de temas de coordinación e administración na ANPA, Sonia, collendo a substitución de Tana. Dende aquí queremos darlle as GRAZAS a Tana pola súa total entrega e disposición estes anos, peza clave en moitas cousas, e desexarlle a Sonia todas as forzas precisas.
A directiva da ANPA

Festa do Entroido – Venres 9 de febreiro

A partir do luns 5/2/18 teredes á vosa disposición no local da Anpa as entradas para a festa do Entroido. Poderanse recoller dende o luns 5 ata o venres 9 ata as 14:30h . Non se entregarán entradas o día da festa pola tarde na porta da entrada.
Agradecemos que se traia comida (postres de entroido, bicas, biscoitos, etc.). Pódese deixar na Anpa o venres 9/2/18 a partir das 9:00h ou na propia festa.
Prezo entradas familias socias: De balde
Prezo entradas familias non socias: 5€/entrada
ANPA A BARXA

Oferta de emprego

Dende a ANPA, convócase a vacante do posto de Coordinador/a de actividades extraescolares e comedor.

Características do posto: Persoa responsable con capacidade de traballo para coordinar e dinamizar as actividades extraescolares e do comedor xestionado dende a ANPA A BARXA, do Colexio García Barbón en Vigo.

Funcións: -Tarefas administrativas (control de asistencia ao comedor e incidencias, contabilidade da asociación, solicitude de subvencións, memorias, informes mensuais a FOANPAS, xestión de base de datos e remesas, envío de avisos, elaboración de grupos e horarios de actividades, difusión de actividades nas redes sociais, asistencia para a coordinación de eventos e festas) -Servir de contacto e referente a pais e nais do colexio
-Seguemento e coordinación cos/as monitores/as das actividades -Supervisión e atención do alumnado participante nas activdades da ANPA -Calquera outra actividades inherente ao funcionamento da ANPA

Valorarase: -Formación específica vinculada ao posto ofrecido (Animación Sociocultural, Monitor/a de tempo libre, Maxisterio…) -Capacidade de organización, habilidades de comunicación, empatía e iniciativa. -Experiencia de traballo con menores e/ou en entornos educativos -Manexo do paquete office a nivel “usuario/a”

Condicións do posto: -Contrato de traballo de 30 horas semanais -Horario de traballo a partir das 13.00h

As persoas interesadas deben de cubrir o seguinte formulario e envialo antes do 30 de novembro ás 24.00h a través deste enlace (que xa non esta disponible porque rematou o plazo, farase agora o proceso de selección).

Ás persoas que mellor se adapten ao posto ofertado solicitaráselle o posterior envío do Curriculum Vitae e entrevista persoal. A selección das candidaturas realizaranse polo equipo avaliador da Xunta Directiva da ANPA a Barxa.

Nota informativa: En ningún caso será aceptados CV´s entregados fora do formulario on line preestablecido(nin polo correo electrónico da ANPA, nin no propio local da asociación)

20 novembro de 2017
Xunta Directiva ANPA A Barxa