Dende a ANPA A BARXA queremos desexarvos un feliz verán. Agradecer a participación de todas as familias socias nas actividades que a ANPA organiza ao longo do curso: servizo de comedor, actividades extraescolares tanto dentro do noso centro como fora do centro, festas (Nadal, Magosto, Entroido,…). Este curso académico 2019/2020 continuamos co proxecto do Horto Escolar e sumamos o proxecto Coeducando na Barxa en colaboración co centro. Esperamos continuar con todo no vindeiro curso. Este ano debido a grave situación que nos tocou vivir quedamos sen festa de Fin de Curso, pero o máis importante é que todas/os os atopedes ben e desexando que no curso próximo podamos vernos as caras.

Todas as adaptacións ou protocolos que debamos levar a cabo para a volta en setembro as iremos comunicando.

Moitas grazas

Lembramos que a ANPA estará activa ata o 15 de xullo, de 9:30 a 13:30. Retomaremos a atención en setembro.

Solicitude de inscripción na ANPA:
https://forms.gle/qF3zY1xnKfCKMeVn9