A Xunta de Galicia acaba de tomar a decisión de suspender as clases en todos os centros educativos galegos e a todos dos niveis a partir do luns, como medida preventiva ante a doenza causada polo coronavirus SARS-CoV-2. O presidente Alberto Núñez Feijoo acaba de anunciar as medidas. Algunhas delas son as seguintes:
- Suspensión de todas as actividades lectivas e extraescolares durante 14 días, “se é posible” a partir deste venres, aínda que os colexios quedarán abertos para dar marxe á organización nos centros e ás familias.
- Peche de todos os centros de maiores, centros sociocomunitarios, museos, bibliotecas e arquivos que dependen da Administración autonómica. Recoméndase que a medida se estenda ás instalacións xestionadas por outras institución.
- Limitación de afluencia a eventos en espazos pechados a 50 personas. No caso de espazos para máis de 50 persoas, só poderán haber un tercio da capacidade total. É dicir, nun de 900, só poderán entrar 300. En espazos abertos, máximo de 500 persoas.
- En canto ao funcionariado público, desenvolveranse protocolos de actuación para facilitar o teletraballo e flexibilidade horaria.
Seguindo o criterio dos expertos, máis medidas para conter o coronavirus:
✔Peche de centros sociocomunitarios
✔Suspensión da actividade lectiva e extraescolar durante 14 días
✔Limitar a 50 persoas o aforo en espazos pechados
✔Protocolo de actuación no emprego público— Xunta de Galicia (@Xunta) March 12, 2020
Texto de Gciencia.com