Festa de Entroido 2020

A partir do martes 18/2/20 teredes a vosa disposición no local da ANPA as entradas para a Festa do Entroido. Non se entregarán entradas o día da festa pola tarde na porta. Agradecemos que se traia comida (postres de entroido, bicas, biscoitos, etc.). Pódese deixar na ANPA o venres 21/02/20 a partir das 9:00h ou na propia festa.

    • PREZO ENTRADAS FAMILIAS SOCIAS: De balde
    • PREZO ENTRADAS FAMILIAS NON SOCIAS: 5€/entrada
    • Nº DE ENTRADAS A ENTREGAR: 1 por alumna/o mais 2 por familia.
    • HORARIO DA FESTA: 17:00 h. a 19:00 h.

ANPA A BARXA