Información das Actividades

charlainformativaMañá, xoves 25 ás 16:30, na asamblea xeral da ANPA informarase especialmente das seguintes actividades que detallamos. Pregamos a tódolos pais/nais de alumnos/as que estean interesados asistan a reunión:

VELA : estará presente o coordinador da escola de vela de Bouzas. Que presentará a actividade os pais/nais e explicará as posibilidades de que a actividade se leve a cabo.

BALONCESTO: estará presente o monitor da actividade de baloncesto para explicar a problemática que existe este ano cos equipos e os horarios da actividade.

INTELIXENCIA EMOCIONAL: estará presente a persoa encargada de levar a cabo a actividade de intelixencia emocional, para explicar en que consiste.