Entradas para o Celta-R.Sociedad

CeltatitularO concello de Vigo fíxonos entrega de entradas da grada de fondo(1) para asistir ao partido de fútbol Celta-R.Sociedad que se xogará en Balaídos o sábado 22 ás 16:00.

Para tratar de facer un reparto máis xusto, os interesados podedes solicitalas hoxe martes e mañá mércores, logo faremos un sorteo a mañá do xoves e aos que lles toque poderanas recoller o mesmo xoves e o venres. Daquela o venres ás 18:30 repartiremos as que sobren da xente que non as recollera.

O importe destas entradas é gratuito. Só entregaremos (no local da ANPA) un máximo de 4 entradas por familia e pedímosvos o compromiso de que só collades as entradas que realmente vades a utilizar para que así máis xente teña a oportunidade de ir ao partido.

(1) A grada de Fondo é unha grada a pé de campo que está detrás dunha das porterías debaixo da grada de Marcador.