Parabéns os alumnos do CEIP García Barbón: Lola Meng Llópiz Llóvo, Lía e Mateo Fernández Vázquez que conseguiron chegar a final do concurso de cociña organizado por Serunión, coa elaboración dunha fantástica Torta de Queixo. O vindeiro luns coñeceremos quen son os gañadores do concurso. Desexámoslle moitísima sorte aos nosos nenos, aínda que para nos xa son gañadores! Dende o ANPA felicitar a tódolos nenos e nenas que se presentaron ao concurso e esperamos que se divertiran moito e pasaran un rato agradable.