Estimadas familias,

Dende o ANPA A Barxa lanzamos unha nova iniciativa para facilitar o acceso ao servizo de comedor mediante un bono prepago.

Bono Comedor
• Inclúe 10 comidas no comedor escolar.
• Prezo: 70€.
• Validez: Pódese usar ao longo do curso escolar 2024/2025. Unha vez rematado o curso, caduca.

Normas de uso do bono:
• O bono pode adquirirse por familia ou por alumno/a.
• É necesario avisar con antelación para facer uso do servizo.
• Para a súa compra, débese presentar o xustificante de ingreso bancario.
• O bono non será válido sen o selo do ANPA.

Esta é unha opción flexible para aquelas familias que necesiten o servizo de comedor de forma puntual.

Para máis información ou para adquirir o bono, podedes contactar co ANPA.