Estimadas familias,
Con moita ilusión anunciámosvos que o próximo venres, 28 de febreiro, celebraremos a tradicional festa de Entroido no colexio. A festa celebrarase de 17:00 h a 19:30 h, e contamos con vós para que sexa un día inesquecible para toda a comunidade educativa.
Petición de colaboración:
Para disfrutar dunha merenda deliciosa e variada, pedimos a vosa colaboración traendo comida típica de Entroido (orellas, filloas, flores, etc.).
Organización para evitar desperdicios:
Este ano, co obxectivo de reducir o desperdicio de comida, propoñemos que só os cursos de 5º e 6º de Infantil e 1º e 2º de Primaria traian comida para esta festa. O resto dos cursos poderán colaborar na festa de fin de curso. Agradecemos a vosa comprensión e apoio nesta iniciativa.
Cantina solidaria:
O alumnado de 6º de Primaria instalará a súa tradicional cantina, onde venderán bebidas e comida. Os fondos recadados irán destinados á súa excursión de fin de curso. Animámosvos a colaborar!
Recordatorio:
Ese día, dado que estaremos de festa, non haberá actividades extraescolares no colexio.
Entradas para as familias socias:
https://vivetix.com/es/entradas-entroido-2025-eflh?s=link
Entradas para as familias non socias:
Na oficina da ANPA, 5€ por entrada
Moitas grazas pola vosa colaboración. Agardámosvos o 28 para celebrar xuntos unha tarde chea de alegría, música e tradición!
Un saúdo,
ANPA A Barxa
