Na web do Concello xa está disponible toda a información referente ás axudas municipais de libros, material escolar e comedor para o alumnado de centros docentes públicos e privados concertados de educación infantil (2ª etapa), educación primaria e secundaria do Concello de Vigo para o curso 2025-2026. Tes aquí toda a información, o prazo comeza o día 5 de marzo e finaliza o 2 de abril.

https://sede.vigo.org/expedientes/avisos/aviso.jsp?id=4845&lang=gal