O multideporte é a actividade de iniciación básica que achega aos nenos e nenas ás diversas posibilidades deportivas para que atopen aquela que máis lles apaixone á vez que desenvolven a súa psicomotricidade e a súa coordinación xeral a través de xogos e diversión.

Beneficios da actividade multideporte:

• Mellora das capacidades físicas básicas (forza, resistencia, velocidade e flexibilidade)
• Mellora das capacidades psicomotrices (coordinación, lateralidade, ritmo…)
• Mellora das habilidades físicas básicas (saltar, virar, reptar, lanzar, recibir…)
• Mellora das habilidades motrices xerais (botar, golpear, conducir, pasar, fintar…)
• Mellora as habilidades sociais básicas (conversar, preguntar, pedir axuda, axudar, dar as grazas, pedir por favor…)
• Desenvolve valores importantes para a vida como:
-Traballo en equipo
-Empatía e solidariedade
-Tolerancia e respecto a compañeiros e rivais
-Aprender a gañar e perder
-Esforzo e sacrificio persoal
-Honestidade
-Compromiso
-Responsabilidade

Como:

• Desenvolveremos as capacidades dos nenos a través de xogos lúdicos. Farémolo de forma global, con actividades dinámicas e fomentando a participación activa dos nenos, buscando non só alcanzar o obxectivo a nivel físico, senón tamén adquirir un gusto persoal pola actividade física que favoreza estes hábitos no futuro.
• Un dos grandes beneficios da actividade física é a capacidade para desenvolver as habilidades sociais nas persoas. Por iso, é tan importante que estea presente nas primeiras etapas de formación dos nenos e que lles permita vivenciarlas de primeira man.
• Os nenos deben interactuar, comunicarse e asociarse en favor dun beneficio común a través de actividades e xogos, deixando atrás o EU para pensar no NÓS, e facendo entender ao grupo os beneficios dunha comunidade fronte ao individuo e o egoísmo.
• Aprenderán a compartir material así como a comprometerse cun uso responsable e solidario.

Idades: 4º-5º-6º de infantil