Trátase dunha actividade de sensibilización musical onde se desenvolverán, moi
especialmente, o sentido do ritmo e o desenvolvemento auditivo, así como habilidades musicais fundamentais para o desenvolvemento integral do neno/a que, ademais, prepararanlle para un ensino musical específico posterior.
O método exponse de forma lúdica, porque o xogo a estas idades é unha parte
integrante de si mesmos, que transcende a todos os niveis da súa vida.
Escoitarán distintos instrumentos musicais e aprenderán sons novos.
Tamén potenciarán a intelixencia mellorando as capacidades de atención e memoria a través de xogos musicais.
É un primeiro achegamento ao mundo da música como medio de desenvovemento corporal e intelectual mediante a aprendizaxe do ritmo, a entoación e a coordinación e o fomento
da improvisación e a invención melódica e rítmica.
Idades: 4º-5º-6º de infantil