logo-anpaDe cara o curso que ven 2013/2014, e co motivo de organizar as actividades extraescolares de forma máis axeitada, dende o ANPA gustaríanos facer unha sondaxe entre os pais e nais do colexio para saber cantos estarían interesados nas seguintes novas propostas de actividades que podedes ver nesta folla. A idea e que marquedes cunha (X) aquelas actividades nas que estariades interesados e logo a entreguedes no local do ANPA. En base a esta información ofertaremos ou non ditas actividades o vindeiro curso. A data límite de entrega e o 2/05/13.