Informamos que ao ser a última xornada, farase a entrega de trofeos e medallas aos colexios e que os nenos/as terán que quedarse ata o remate.
1.Todos os nenos/as deberán presentarse na Piscina do Carme, Travesas (R/ Do Carme, 4), no seguinte horario:
-Categoría benxamín (2003-2006): 8:45 h.
-Categoría promesa(2007-2009): 11:30 h.
2. Deberán ir provistos de:
Zapatillas, toalla, traxe de baño e complementos de aseo persoal.
ANPA porá os gorros e as camisetas (para que todos vaian iguais e distinguilos mellor).
3. Para calquera dúbida que poda xurdir poderedes chamar a partir do venres 24 de abril, pola tarde, ao teléfono que se especifica a continuación: 660 175 215, e contactar coa persoa responsable da actividade: Cayetana García-Picher (Tana)
4. Todos/as aqueles nenos/as que non poidan asistir, deberán comunicalo con antelación para estar sobreaviso e non prexudicar o transcurso normal da competición.
5. Os pais/nais deberán deixar os nenos/as na porta da piscina, onde as/os responsables da actividade estaranos esperando, e posteriormente dirixirse as bancadas da piscina para ver a competición. Así mesmo tamén deberán recollelos no mesmo sitio no seguinte horario:
– Benxamíns: 11:30 h.
– Promesas: ao finalizar a entrega de trofeos.
Informamos que ao ser a última xornada, farase a entrega de trofeos e medallas aos colexios e que os nenos/as terán que quedarse ata o remate.
Pregamos a tódolos pais/nais a máxima puntualidade para non xerar atrasos no inicio da competición, e para favorecer unha boa organización da actividade.