tdah-día4

“Cando o “TDAH” non é “TDAH”. Un achegamento dende a neuropsicopedagoxía.

FOANPAS organiza unha charla na que se tratará o TDAH dende a perspectiva da neuropsicopedagoxía: bases conceptuais, chegar ao diagnóstico educativo do TDAH ou tratamentos reeducativos eficientes, entre outras temáticas. Está dirixida á comunidade educativa dos centros de ensino público (nais, pais, mestres/as, orientadores/as, etc.).
Estará impartida por Saturnino Dafonte, psicopedagogo, orientador educativo e director técnico do Instituto do Desarrollo Infantil. Acompañarano Kiril Yurievich (pediatra e osteópata) e Celia Gálvez (bióloga e nutricionista).
Cando: XOVES 7 de Maio de 2015.
Onde: IME (Camiño do Chouzo, nº 2 – Vigo)
Hora: 18:00 horas.

Inscricións no 986298812 ou en foanpas@foanpas.com ata o 6 de maio.