Feliz verán

Dende a ANPA A BARXA queremos desexarvos un feliz verán. Agradecer a participación de todas as familias socias nas actividades que a ANPA organiza ao longo do curso: servizo de comedor, actividades extraescolares este ano foron poucas e fora do centro, festas, este ano diferentes: Nadal (o celebramos coa visita de Papá Noel ás aulas) e Entroido,(fixemos un concurso de disfraces).

Este curso académico 2020/2021 continuamos co proxecto do Horto Escolar e sumamos o proxecto Coeducando na Barxa en colaboración co centro.

Este ano aínda non podemos celebrar a nosa tradicional festa de fin de curso. Pero non queremos deixar de festexar estas datas. Así que con esa intención decidimos desta volta obsequiar o noso alumnado cun pequeno agasallo moi especial.

As nenas e os nenos levarán para casa un libro e un marcapáxinas. O libro non é un libro calquera; é un libro que xa pertenceu antes a outras persoas e que volverá cobrar vida entre as mans dos vosos fillos e fillas, un libro cunha historia que segue a súa viaxe. O marcapáxinas tamén é especial, xa o veredes.

Lembramos que a ANPA estará activa ata o 30de xuño, de 9:00 a 13:00. Retomaremos a atención en setembro.

Bo verán e viva a ANPA!

Conseguímolo!

E por fin rematamos este ano tan peculiar…Hoxe rematou este curso tan diferente, un curso no que tivemos tod@s que adaptarnos as circunstancias.Por un lado ledos por superalo con matrícula, tanto pequenos como maiores; cando parecía que non iamos tan sequera a comezar. E por outro tristes como todos os anos coas despedidas dos graduados de 6°

Nestes curso descubrimos as Patrullas.

Cada clase fixo a sua Patrulla, diseñaron o logo, o nome e a sua frase.

No primero e segundo trimestre traballaron un proxecto creado pola nosa encargada Paula do comedor, «A patrulla do Silencio».

Neste último trimestre as Patrullas tiveron o primeiro Campionato de Bolos

Pero durante todo o ano se fixeron moitas actividades no comedor como: recomendacions dos libros que mais lles gustaron, marcapaxinas,a Caixa da Amizade, o día da obesidade, o día d@ celíac@, moitos debuxos, os venres da música,o día internacional da Muller, @s nos@s monitorxs léronlles moitos contos o longo do curso (da Biblioteca do ANPA),…

Moitos proxectos gracias @s monitor@s e a encargada do comedor.

Aquí tedes algunhas das fotos do último día no que quixemos ter un pequeno detalle con todas as nosas crianzas neste ano tan peculiar.

Feliz Verán a tod@s dende o ANPA a Barxa do CEIP García Barbón!

Vemonos en Setembro!

Axudas municipais para libros, material escolar e comedor

Axudas municipais para libros, material escolar e comedor para estudantes de centros concertados de ensino público e privado de educación infantil (2ª etapa), primaria e secundaria do Concello de Vigo- Curso 2021-2022

O prazo para presentar as solicitudes será do 10 de xunio ao  7 de jullo do 2021

As solicitudes presentaranse a través do cartafol da cidade do concello de Vigo ou persoalmente previa cita, no rexistro do concello, no teléfono 986 810 260 ou no 010 ou solicitar cita previa en liña, podes facelo a partir do luns 7 de xuño

https://citaprevia.vigo.org/citaprevia/

Asamblea Xeral

Estimado socio/a, convocámolo/a á Asamblea Xeral Ordinaria da ANPA“A BARXA” que terá lugar o vindeiro xoves 10 de xuño de 2021, ás 18.00h en primeira convocatoria e as 18.30 h na segunda convocatoria no Pavillón do colexio.

Os temas que se tratarán na Orde do día son:

  1. Sometemento para aprobación da acta da sesión anterior.
  2. Presentación da memoria de actividades executadas durante o exercicio escolar 2020 – 2021
    • Comedor
    • Actividades extraescolares
    • Proxecto Horto, voluntariado das familias
    • Proxecto Igualdade
  3. Aprobación dos orzamentos para o vindeiro curso 2021-2022
  4. Rogos e preguntas


Información para unirse en Google Meet
Ligazón da videochamada: https://meet.google.com/vdx-nxeh-vmt