Publicación listaxes fondo de libros 2021-22

Diez libros para descubrir durante este verano - RTVE.es

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgarciabarbon/node/433

Trasladámosvos as datas de interese con respecto ao Fonfo de Libros:

  • PUBLICACIÓN DE LISTADOS PROVISIONAIS5 de xullo
  • PERIODO DE RECLAMACIÓNS AO LISTADO PROVISIONAL: 6, 7 de xullo
  • PUBLICACIÓN DE LISTADOS DEFINITIVOS: 9 de xullo
  • ENTREGA DE VALES: 12,13 e 14 de xullo

VARIAS CONSIDERACIÓNS 

  • As persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días seguintes ao da publicación da listaxe provisional; o centro deberá resolver e gravar as reclamacións na aplicación fondolibros
  • A publicación dos listados, tanto provisionais como definitivos, estarán  dispoñibles no taboleiro de anuncios do interior do centro
  • Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

ENTREGA DOS VALES

  • A entrega dos vales dos libros de 1º e 2º e os de material escolar farase entre as 09:00 e as 13:00 horas nas datas establecidas. E logo a partir do día 1 de setembro
  • A entrega dos vales farase exclusivamente á persoa titular da solicitude, de non ser posible deberá achegarse autorización escrita e copia do DNI das persoas titular e autorizada.
  • Pregamos que a recollida se faga tomando as medidas preventivas oportunas.
  • Os libros de texto de 3º e 4º entregarémolos no mes de setembro ao igual cos vales non recollidos no mes de xullo