



Bos días,
Os invitamos a participar no Obradoiro destinado ás familias e ao profesorado promovido polo ANPA.
Obradoiro impartido por Ana Torres Jack autora do Libro «Máis aló do azul e do rosa»
Será o día 26 de novembro de 18 h a 19.30 h.
Remitiremos a ligazón do obradoiro o día anterior ás familias socias, e aquelas persoas interesadas en participar que non sexan socias: poden escribirnos ao mail dá ANPA: anpa.garcia.barbon@gmail.com para anotarse.
SEMENTE DE IGUALDADE, SEMENTE DE LIBERDADE. UNHA HOMENAXE A ERNESTINA OTERO
Cando: SÁBADO, 28 DE NOVEMBRO DE 2020
Hora: 11:00 H.
Onde: FORMACIÓN ONLINE, WEBINAR con inscrición.
Será impartida por Polo correo do vento, magnífica actividade con música e intérprete de lingua de signos para toda a familia. Con esta formación preténdese promover a lectura, a compresión oral en galego, o desenvolvemento da creatividade e a expresión artística favorecendo o coñecemento de mulleres galegas.
Inscricións: foanpas@foanpas.com ou 986 29 88 12
Nova data na ENAPA (Escola vituais de nais e pais)23 de novembro as 17:30 ata as 19:30″A Natureza como espazo de xogo no patio»Se queres inscribirte podes facelo no correo:enapas.ceip.valle.inclan@gmail.com
A Concellería de Igualdade do Concello de Vigo propoñenos as Xornadas de Coeducación: «Perspectivas e retos para a prevención da violencia de xénero» que organizamos os días 2 e 3 de decembro de 2020, no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
Relatoras como Mª Sonia Fernández Casal, Luz Castro Pena, Marián Moreno Llaneza e Carmen Ruíz Repullo compartirán con nós experiencias e ferramentas para acadar os obxectivos da xornada.
Obxectivos:
Fomentar a coeducación como ferramenta de prevención de violencia de xénero e e promoción da igualdade, amosando modelos coeducativos que favorecen a aprendizaxe de vivir en igualdade.
Achegar novas ferramentas didácticas coeducativas que facilitan a identificación e o traballo na prevención da violencia de xénero.
Persoas destinatarias:
Profesorado e comunidade educativa en xeral
Entidades que realizan a súa intervención no eido educativo
Asociacións de mulleres da cidade
Temporalización:
2 e 3 de decembro de 2020
7 horas e 30 minutos
Ubicación:
Día 2 de decembro en modalidade presencial no Auditorio Municipal. Aforo limitado. Por razóns sanitarias do momento en relación coa COVID-19 a organización poderá trasladar esta sesión a modalidade on-lineDía 3 de decembro en modalidade on-line
Diploma:
A Concellería de Igualdade do Concello de Vigo emitirá diploma acreditativo ás persoas que asistan á totalidade das xornadas, realizando control de asistancia nas dúas sesións.
Inscrición:
Prazo de inscrición aberto ata cubrir prazas
As persoas interesadas en asistir a estas xornadas deberán cubrir o folla de inscrición adxunta (está en formato editable) e enviala cuberta ao seguinte enderezo electrónico: xornadas.igualdade@vigo.org ou a través do fax 986 430 082
As prazas outorgaranse atendendo á orde de inscrición e ás persoas e colectivos aos que van dirixidas.As persoas que obteñan praza recibirán confirmación por parte da organización das xornadas.
PROGRAMA:
Máis información sobre o programa: contidos, relatorios, horarios, etc, no programa adxunto en formato .pdf e .jpg
EXCELENTES MULLERES CIENTÍFICASCando: SÁBADO 21 DE NOVEMBRO DE 2020Hora: 11:00 H.Onde: FORMACIÓN ONLINE, WEBINAR con inscrición.Inscricións: foanpas@foanpas.com ou 986 29 88 12Será impartida por Ciencia en movemento con experimentos en directo mediante Zoom. Da man de excelentes INVESTIGADORAS CIENTÍFICAS, faremos un percorrido dende o máis pequeno, como os VIRUS, ata o máis grande, O UNIVERSO; dende o máis sinxelo, coma o CARBÓN, ata o máis complexo, o WIFI. Polo camiño estudaremos como se forman as células animais e vexetais, o Sistema Solar a escala, como estoupa unha estrela ou a materia ou enerxía escura do Universo.Actividade a partir de 10 anos.
Xornadas «CON TODAS E TODOS, COMO TODAS E TODOS» Tod@s xuntos podemos facer unha Educación mellor!!!!!!!!!!Inscricións en foanpas@foanpas.com ou 986 29 88 12
Tras a Asamblea Xeral de onte, 3 de novembro de 2020, e unha vez aprobadas en Asemblea Xeral as novas tarifas de Comedor , comunicámosvos as novas tarifas que se aplicaran desde o principio deste novo Curso 2020-2021.
As cuotas de comedor pasaranse antes do día 10 do mes seguinte a haber feito uso do servicio.
Número días semana | Prezo mensual |
5 días | 70€ |
4 días | 59€ |
3 días | 44€ |
2 días | 30€ |
1 día | 18€ |
Días soltos | Non dispoñible |